main content

main content
24/04/201708:04
Logo ICT-Go-Girls.
Santiago de Compostela

O programa do Día Internacional das Rapazas nas TIC, organizado polo CESGA, contará co apoio do CPEIG

  • O vindeiro 27 de abril entidades de todo o mundo actuarán co obxectivo de motivar as rapazas no eido das tecnoloxías

O  vindeiro xoves, día 27 de abril, conmemórase o “Día Internacional das Rapazas nas TIC” (Girls in ICT Day), unha celebración promovida pola entidade International Telecommunications Union(ITU) co obxectivo de motivar as novas xeracións de rapazas para que consideren o eido das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Multitude de organismos e entidades en todo o mundo sumarán iniciativas con esa intención.

En Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), lidera a conmemoración co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e organiza un completo programa de actividades que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela co seguinte contido:

Coloquio virtual

Ás 11.00 horas, terá lugar un coloquio virtual por multiconferencia desde centros educativos con catrodestacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer no seu día a día, preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou sobre as motivacións persoais que as levaron a traballar neste ámbito. A duración da actividade será ata as 12:30H. e nela participarán:

  • Carmen Cotelo Queijo. Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa dende 1999 no CESGA, onde é analista informática sénior e coordina a participación do CESGA no proxecto europeo Fortissimo 2. Ten unha longa experiencia en proxectos de I+D en diferentes ámbitos como son: comercio electrónico, computación de altas prestacións e grid, aplicacións científicas e soporte a empresas para a incorporación de HPC aos seus procesos.
  • Nieves R. Brisaboa. Doutora en Computación e Psicoloxía. Catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. Foi xestora do Plan Nacional de Investigación en Informática entre 2010 e 2014. Recibiu no ano 2016 o premio Ada Byron do CPEIG, pola promoción da Informática entre as mulleres. Impulsa tanto a investigación de excelencia como a transferencia  de tecnoloxía. 
  • Alba Alonso, doutora en Filoloxía Inglesa e mestra, emprendedora e fundadora da empresa  RealKiddys.com, unha plataforma que promove un proxecto educativo de igualdade de xénero e coeducación sen estereotipos, elaborando material e actividades para traballar neste eido. Entre outras iniciativas, é relatora no TEDxGalicia 2015.
  • María Jesús Taboada, doutora en Ciencias Físicas pola USC. Investigadora en Intelixencia Artificial e as súas aplicacións na medicina dende o departamento de Electrónica e Computación da USC. Dirixe o grupo de investigación KEAM (Knowledge Engineering Applied to Medicine), referente a nivel internacional no seu eido.

Para participaren no evento da mañá, os centros educativos deben poñerse en contacto coa organización neste formulario e recibir así as instrucións para conectar co CESGA ese día. O evento terá unha duración aproximada de hora e media.

Pola tarde (de 17:00 a 19:00H.), celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces) de entre 10 a 14 anos de idade. Ao comezo da mesma, presentarase o Movemento Code Girls Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Tech Academy.

Relacións de obradoiros prácticos:

  • Programación básica con Scratch, LEGO, Minecraft…
  • Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers organizado polo CPI O Cruce)
  • Creación de arte píxel-dixital
  • Demostracións prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
  • Visitas guiadas ao corazón do Superordenador Finis Terrae 2

 As prazas son limitadas. Para inscribirse hay que cubrir este formulario para que o CESGA teña o nome do asistente e confirme a praza antes do día 25 de abril. Podedes seguir toda a información do evento e das actividades en www.cesga.gal ou en:

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS