main content

main content
01/11/202418:11
CIBER.gal.
Santiago de Compostela

A IV Edición de CIBER.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais para a xornada destinada á cidadanía

  • Os interesados en asistir a este bloque teñen dispoñibles prazas para o seguimento en streaming
  • Máis de 60 expertos participan os días 6, 7 e 8 de novembro na Cidade da Cultura nunha nova edición do Encontro Galego de Ciberseguridade
  • Representantes de administracións e empresas poden inscribirse aínda
  • No evento abordaranse os retos da ciberseguridade a través de paneis, conferencias e talleres con contidos para as administracións públicas, a cidadanía e o tecido empresarial
  • Entre as novidades deste ano están as demostracións de servizos, solucións e produtos que realizarán algunhas das entidades que apoian o encontro

A IV edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER,gal esgotou en menos de 15 días as 750 prazas presenciais dispoñibles para o bloque destinado á cidadanía, aínda que é posible seguir este encontro de xeito online. Este récord de inscricións constata o interese pola temática do encontro,  que conta con prazas presenciais e en streaming dispoñibles para os bloques temáticos orientados a empresas e administracións, que tamén están a rexistrar unha alta demanda.

A IV edición do Encontro Galego de Ciberseguridade. CIBER.gal, reunirá os días 6, 7 e 8 de novembro na cidade da Cultura a máis de 60 expertos, que abordarán os retos da ciberseguridade desde unha tripla perspectiva: social, empresarial e pública. A unha semana do evento son máis de 2.300 os inscritos e os interesados en participar aínda están a tempo de reservar a súa praza a través do portal ciberseguridadegalicia.gal, onde tamén se pode consultar o programa completo.   

Unha das novidades que incorpora este ano CIBER.gal é a realización de demostracións de produtos, servizos ou solucións de ciberseguridade por parte dalgunhas das entidades que apoian o evento. Estas actividades tamén espertaron un gran interese e xa están completas as prazas para as demostracións de ciberseguridade, programadas para o 6 de novembro,  patrocinadas por Proofpoint, NTT DATA, Check Point, CTAG, Zscaler e SIA, así como as de obradoiros técnicos e talleres prácticos.

Expertos

Entre outros profesionais, o encontro contará coa participación do experto en ciberseguridade Chema Alonso, así como de representantes dos socios fundadores do Nodo. Entre eles está o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), que traerá á Cidade da Cultura a experiencia  ‘road show’ e un expositor de ciberseguridade adaptado a todos os públicos, que estarán abertos ata o día 8 de novembro. Ademais, David Amor achegarase en clave de humor á ciberseguridade cun monólogo.

Un ano máis CIBER.gal contará coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia coa posta en escena da obra "Hixiénico", na que se expoñerán as consecuencias do cyberbulling. Tamén contará de novo coa colaboración dos coordinadores dos cursos de ciberseguridade dos centros de FP de Galicia que realizarán catro talleres prácticos.

Colaboradores

O Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, está organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coa colaboración do Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), e conta co apoio dunha vintena de entidades, entre as que destacan como patrocinadores VIP Gradiant e Telefónica e como patrocinadores estratéxicos Deloitte, Abanca, Proofpoint, SIA, Crowdstrike e Check  Point, ademais doutras 44 entidades entre patrocinadores innovadores, estándar e colaboradores.

CIBER.gal busca fortalecer a conciencia dixital e as capacidades tecnolóxicas dos participantes, fomentando unha sociedade máis segura e preparada fronte aos desafíos da era dixital.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS