main content

main content
21/10/202418:10
Agasol.
Santiago de Compostela

A Xunta de Galicia colabora con Agasol para promover o uso do Software Libre no tecido empresarial galego

  • O Consello do Goberno galego autorizou hoxe un acordo que asinarán proximamente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación Galega de Empresas de Software libre
  • Permitirá, entre outras actuacións, elaborar material didáctico sobre a importancia do software libre e os datos abertos nos sistemas de IA e a realización dunha xornada sobre a Lei europea de ciberresiliencia

A Xunta de Galicia renova o seu compromiso a prol do software libre a través dun convenio de colaboración que asinarán proximamente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol). O Consello do Goberno galego autorizou hoxe este acordo cun orzamento de 60.000 euros para o período 2024-2025.

O convenio recolle catro liñas de actuación para a promoción, capacitación e difusión do uso do software libre entre o tecido empresarial galego, fundamentalmente, pero tamén para a sociedade en xeral. Unha das actuacións previstas é a elaboración de material multimedia sobre o papel do software libre e os datos abertos nos sistemas de intelixencia artificial, os dereitos de autoría vinculados á IA, a regulación europea específica neste ámbito ou a capacidade de innovación na IA a través do software libre.

Ademais, a colaboración entre a Axencia e Agasol prevé a realización dunha xornada sobre a Lei de ciberresiliencia da Unión Europea e as súas implicacións para as empresas galegas, e o fomento da localización ao galego da documentación e as interfaces das ferramentas de software libre para facilitar o seu uso entre as empresas da Comunidade. O acordo tamén prevé consolidar un encontro periódico de referencia arredor do software libre.

A sinatura deste convenio enmárcase no Plan de acción de software libre, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia desde hai máis dunha década, que se renova cada ano en colaboración cos axentes do sector para promover o seu uso e a reutilización na Administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.

Este ano o plan abrangue, entre outras, actividades que van dende a tradución de software libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros, o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social, a introdución á robótica educativa con software e hardware libre ou a formación en software libre nas universidades. En 2023 o plan sumou máis de 80 actividades, nas cales participaron máis de 2.800 persoas. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS