main content

main content
04/10/202407:10
Doazón equipamento NTT DATA.
Santiago de Compostela

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e NTT DATA únense para reducir a fenda dixital

  • O Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX) en colaboración con NTT DATA, poñen en marcha unha iniciativa solidaria para achegar a tecnoloxía ás entidades sen ánimo de lucro.
  • Esta colaboración materialízase a través da doazón dun total de 22 equipos informáticos á Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia, tipo Alzheimer (Agadea) e a Asociación “Ecos do Sur”. 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) únese á consultora tecnolóxica NTT DATA para reducir a fenda dixital de colectivos en risco de exclusión social. Esta colaboración consistiu na doazón de 22 equipos realizada a través do Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX) e permitirá a posta en marcha de proxectos e iniciativas que buscan aproveitar o potencial da tecnoloxía para a mellora da calidade de vida, así como inclusión no ecosistema dixital. 

Concretamente desde a Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia, tipo Alzheimer (Agadea) están a por en marcha o proxecto “Conectando Xeracións: Competencias dixitais para o envellecemento activo en persoas maiores con Alzheimer”. O seu obxectivo é mellorar as capacidades dixitais deste colectivo co apoio de mozos/as voluntarios, promovendo así que se reduza o risco de illamento social e xerando un espazo de aprendizaxe e crecemento mutuo. 

Pola súa banda, a Asociación “Ecos do Sur” conta con varios programas destinados á inclusión das persoas migrantes a través da colaboración de persoas voluntarias que realizan atencións individualizadas, formacións, actividades sociolaborais e educativas. Estas actividades están enfocadas á alfabetización dixital, erradicación da fenda dixital, inserción laboral, ensino de linguas oficiais ou a realización xestións administrativas. 

Programa de Voluntariado Dixital

Esta doazón, enmarcada no Programa de Voluntariado Dixital (VOLDIX), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, reforza a oferta de formación dixital para a mellora das competencias dixitais no conxunto da sociedade galega e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais.

A  través do programa, a Axencia autonómica artella o esforzo e as necesidades dos máis de 1.000 aliados dixitais cos que conta na actualidade e entre os que se atopa NTT DATA, que leva colaborando coa Xunta de Galicia a través do Programa de Voluntariado Dixital desde 2012 e como aliado dixital desde 2016.

Neste ecosistema dixital formado por persoas voluntarias, organismos colaboradores e entidades públicas e privadas trabállase para consolidar a capacitación dixital da cidadanía, así como na promoción e divulgación dos servizos e beneficios da Sociedade da Información.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS