main content

main content
22/07/202408:07
Imaxe do evento.
Santiago de Compostela

O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM

  • O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, celebrarase o 27 de setembro
  • Está aberto a estudantes de entre 14 e 17 anos, así como a pais e nais, que coñecerán diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos da man de dez mulleres profesionais destes ámbitos

Baixo o título "A Aventura que me Espera: Descubrindo a Ciencia e a Tecnoloxía", o GaiásTech acollerá o vindeiro 27 de setembro unha xornada sobre os diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía. O encontro está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos e a pais e nais, que só precisan inscribirse previamente no portal do GaiásTech.

A xornada contará coa participación de dez mulleres con perfís profesionais vinculados ao eido científico ou tecnolóxico con postos en diferentes campos, incluíndo o académico, administrativo e empresarial. O obxectivo do encontro é mostrar as múltiples posibilidades que se presentan despois de obter unha titulación universitaria dunha carreira STEAM, destacando que a formación recibida prepara para desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.

O evento estrutúrase, nunha primeira parte, nun circuíto por distintos postos, a través dun diálogo entre estas mulleres e os asistentes, no que se expoñan os diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos de cada perfil e, na última parte, farase un diálogo común permitindo que se expoñan preguntas e se poidan conectar cos temas tratados.

Participantes

As intervencións estruturaranse en torno a dous paneis. No primeiro intervirán: Ana Jesús López, física e profesora da Escola Politécnica Superior de Ferrol; Teresa Rivas, bióloga e profesora da Escola de Enxeñaría e Minas; Rocío Mosquera, médico e xestora sanitaria no Servizo Galego de Saúde;  María J. Rodríguez, doutora en educación con especialidade en tecnoloxía educativa, e que traballa no centro de Supercomputación de Galicia; e Soledad Torres, enxeñeira de Telecomunicacións e profesora na Universidade de Vigo.

Nun segundo panel participarán: Laura Alonso, enxeñeira naval e oceánica pola Universidade da Coruña; Andrea Fernández, pedagoga e Mestrado en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola UDC; Eva López, técnica de transferencia e  directora do programa Woman Emprende;  Cristina Sánchez, antropóloga e investigadora científica no INCIPIT-CSIC; Sonia Martínez, farmacéutica e doutora en Bioloxía Celular.

Colaboración

Este evento enmárcase dentro dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), para realizar actuacións de fomento e promoción das vocacións STEAM entre a poboación máis nova, especialmente nas mulleres.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS