main content

main content
02/10/202315:10
Sinatura do convenio.
Santiago de Compostela

Xunta e Colexio Profesional de Informática colaboran para dotar á comunidade educativa de novas ferramentas para o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

  • O conselleiro de Educación e o presidente da entidade asinan un convenio para o desenvolvemento da duodécima edición do programa ‘Navega con Rumbo’
  • A iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos da Estratexia Educación Dixital 2030 de abordar a transformación dixital como un medio de apoio á aprendizaxe
  • O programa achegará a 240 centros de ensino claves cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, asinaron hoxe o convenio de colaboración para desenvolver durante o presente curso escolar o programa Navega con rumbo, que chegará a 240 centros educativos de toda a Comunidade.

Esta colaboración, que xa vai pola súa duodécima edición, enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por avanzar na transformación dixital da educación tendo en conta como unha das prioridades o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías. Isto é, tal e como se recolle na Estratexia Educación Dixital 2030, que o desenvolvemento tecnolóxico sexa un medio de apoio ao proceso de aprendizaxe.

Neste obxectivo enmárcase esta iniciativa, encamiñada, por unha banda, ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, 1º de ESO e 1º de FP Básica, para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede. Por outra banda, faise partícipe a profesorado e familias das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.

Ao abeiro do mesmo, especialistas do Colexio de Enxeñaría Informática levarán a cabo xornadas divulgativas dunha hora de duración en colexios e institutos. Ademais, o programa dispón dunha páxina web asociada ao proxecto e unhas guías de boas prácticas en internet dirixidas ao alumnado, proxenitores ou titores, e ao profesorado accesibles tanto en soporte dixital como en formato impreso nos propios centros escolares.  

Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con rumbo leváronse a cabo máis de 2.000 accións formativas.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS