main content

main content
07/08/202308:08
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

FADEMGA achega un curso de competencias dixitais para persoas con discapacidade

O Proxecto de Transformación Dixital para a Innovación de FADEMGA Plena Inclusión comeza a dar os seus primeiros pasos coa organización dun curso destinado á mellora das competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. As actividades formativas levaranse a cabo ao remate do verán.

Esta formación busca capacitar ás persoas con discapacidade intelectual nas competencias recollidas no Marco Digcomp-2-2 así como mellorar a súa metacognición, autonomía e sociabilidade no eido dixital. Uns obxectivos que teñen como base a superación da fenda dixital do colectivo. O curso contará con 6 módulos de 10 horas cada un. Cada módulo contén actividades que reforzan o aprendido así como foros para interactuar co resto das persoas participantes. Aínda que as actividades serán en liña, o alumnado contará cun titor ou titora que lles servirá de apoio en todo o proceso formativo. FADEMGA achegou un documento PDF en liña con toda a información relativa ao curso.

O prazo para a achega de solicitudes remata o 15 de setembro. O período de realización do curso comprenderá os meses de setembro a decembro organizadas da seguinte maneira:

  • Coñecer a plataforma e o curso. Do 18 de setembro ao 24 de outubro.
  • Crear cartafois en Windows, utilizar Writer.... Do 25 de setembro ao 8 de outubro.
  • Traballar co navegador de Internet, usar o Google Maps... Do 9 de setembro ao 22 de outubro.
  • Coñecer a identidade dixital, protexer datos e contrasinais... Do 23 de outubro ao 5 de novembro.
  • Manexo de datos e das follas de cálculo. Do 6 de novembro ao 19 de novembro.
  • Imaxes dixitais, dereitos de autor, elaborar presentacións.... Do 20 de novembro ao 3 de decembro.
  • Proxecto final. Do 4 de decembro ao 17 de decembro.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS