main content

main content
15/10/202007:10
Susana Ladra.
A Coruña

A galega Susana Ladra, recoñecida cun dos premios Ada Byron que concede a Universidade de Deusto

A informática e investigadora galega Susana Ladra González gañou o Premio Ada Byron Joven a la Mujer Tecnóloga organizado pola Facultade de Enxeñaría da Universidade de Deusto. Enxeñeira e doutora en Informática e Graduada en Matemáticas, Ladra é profesora titular de Linguaxes e Sistemas Informáticos (Universidade da Coruña) e coordinadora do programa STEMbach na Universidade da Coruña (UDC), que ten como fin o fomento de vocacións STEM, particularmente femininas.

Actualmente ocupa os cargos de directora do Campus Innova da UDC e de vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, o CPEIG. Tamén forma parte do equipo de investigadoras e investigadores do Centro de Investigación TIC da UDC, o CITIC. Amais de Susana Ladra, a Universidade de Deusto tamén anunciou que concederá á investigadora sevillana Laura María Lechuga o Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga.

Estes dous galardóns contan co patrocinio de ouro de Microsoft, así como o de Deputación Foral de Bizkaia, de Danobat Group e do Emakunde-Instituto Vasco da Muller; contando coa colaboración de Innobasque e Basque HealthCluster. Os galardóns serán entregados o 29 de outubro dentro das xornadas ForoTech 2020, Semana Deusto da Enxeñaría e a Tecnoloxía.

Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga, de ámbito estatal, foi instituído pola Facultade de Enxeñaría da Universidade de Deusto co obxectivo de “fomentar as vocacións femininas no eido da investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos, para prestixiar a importancia da tecnoloxía en todos os ámbitos da vida e para o desenvolvemento social, así como para dar valor ao traballo e os logros que o desempeño destas tarefas e estudos por parte das mulleres achegaron á humanidade”.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS