A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 600 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice
O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 43 concellos, que suman un total de 648 prazas dispoñibles: Abegondo; Ames; Arzúa; Betanzos; Boiro; Brión; Coruña, A; Fisterra; Oroso; Ortigueira; Pontedeume; Pontes, As; Porto do Son; Ribeira; Sada; Santa Comba; Santiago de C.; Vimianzo; Barreiros; Burela; Carballedo; Fonsagrada, A; Lugo; Ribadeo; Sarria; Vicedo, O; Bande; Barco, O; Celanova; Leiro; Ourense; Xunqueira Ambía; Cañiza, A; Cuntis; Estrada, A; Lalín; Marín; Pontevedra; Porriño, O; Tomiño; Valga; Vigo e Vilagarcía Arousa.
A inscrición poderá realizarse ben a través de internet desde o día seguinte o da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.
Preto de 1.500 prazas convocadas neste ano 2017
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2017, que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 4.500 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.570 en cursos de teleformación titorizada e 3.104 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 2.100 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.
A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 15, 16 e 17 de novembro de acordo co seguinte calendario:
|
LOCALIDADE
|
PROVINCIA
|
DIA
|
HORA
|
Nº PRAZAS
|
|
Abegondo
|
Coruña, A
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
15
|
|
Coruña, A - Eirís
|
Coruña, A
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
16
|
|
Ribadeo
|
Lugo
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
15
|
|
Vicedo, O
|
Lugo
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
5
|
|
Bande
|
Ourense
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
10
|
|
Barco, O
|
Ourense
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
15
|
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
26
|
|
Porriño, O
|
Pontevedra
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
9
|
|
Tomiño
|
Pontevedra
|
Mércores, 15 novembro
|
10:00
|
9
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE
|
PROVINCIA
|
DIA
|
HORA
|
Nº PRAZAS
|
|
Brión
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
10
|
|
Santiago de C.
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
17
|
|
Burela
|
Lugo
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
10
|
|
Lugo
|
Lugo
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
12
|
|
Sarria
|
Lugo
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
18
|
|
Ourense
|
Ourense
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
18
|
|
Lalín
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
18
|
|
Marín
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
16
|
|
Vigo
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
14
|
|
Vilagarcía Arousa
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
10:00
|
17
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE
|
PROVINCIA
|
DIA
|
HORA
|
Nº PRAZAS
|
|
Arzúa
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
17
|
|
Betanzos
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
20
|
|
Coruña, A
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
16
|
|
Oroso
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
15
|
|
Pontedeume
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
10
|
|
Santa Comba
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
18
|
|
Santiago de C.
|
Coruña, A
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
17
|
|
Leiro
|
Ourense
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
6
|
|
Xunqueira Ambía
|
Ourense
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
10
|
|
Cañiza, A
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
20
|
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
Xoves, 16 novembro
|
16:00
|
26
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
LOCALIDADE
|
PROVINCIA
|
DIA
|
HORA
|
Nº PRAZAS
|
|
Ames
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
12
|
|
Boiro
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
10
|
|
Fisterra
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
8
|
|
Ortigueira
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
10
|
|
Oroso
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
15
|
|
Pontes, As
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
19
|
|
Porto do Son
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
8
|
|
Ribeira
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
11
|
|
Sada
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
8
|
|
Vimianzo
|
Coruña, A
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
15
|
|
Barreiros
|
Lugo
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
12
|
|
Carballedo
|
Lugo
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
7
|
|
Fonsagrada, A
|
Lugo
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
8
|
|
Celanova
|
Ourense
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
11
|
|
Ourense
|
Ourense
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
18
|
|
Cuntis
|
Pontevedra
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
8
|
|
Estrada, A
|
Pontevedra
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
12
|
|
Valga
|
Pontevedra
|
Venres, 17 novembro
|
10:00
|
11
|