main content

main content

Catálogo de Servizos Dixitais

Que che apetece facer hoxe? Formarte? Certificarte? Participar en proxectos innovadores ou en actividades divulgativas?

Coñece os nosos servizos e actividades e saca o máximo aproveitamento das TIC nos diversos ámbitos da túa vida!

Formación Presencial

Calquera que sexa o teu nivel de coñecementos, poñemos á túa disposición un amplo catálogo de cursos gratuítos impartidos nas aulas da Rede CeMIT así como outras actividades formativas desenvolvidas polos Aliados Dixitais.

En que nivel te atopas? Que che gustaría aprender? A nosa formación divídese en tres niveis segundo as túas necesidades:
Acompañámoste na túa iniciación no mundo dixital adquirindo coñecementos básicos no manexo seguro do ordenador e na navegación por Internet.
Guiámoste para que continúes avanzado no teu nivel de madurez dixital e obteñas un nivel medioavanzado a través de itinerarios cunha gran diversidade de temáticas: empregabilidade, seguridade na rede, administración electrónica, redes sociais, ocio...
Axudámosche a fomentar a túa creatividade, a buscar novas formas de relacionarte e participar, e a xerar ideas innovadoras para a resolución de necesidades sociais a través das TIC.
Estes son algúns dos cursos aos que podes acceder...
2h

Outras actividades da aula

Outras actividades da aula

Formación sobre a factura electrónica

  • 30 Abr 2024
  • Chantada
  • Medio
11.25h

Dispositivos móbiles

Dispositivos móbiles

Utilidades básicas das Tablets e Smartphone

  • 30 Abr - 25 Xuñ 2024
  • Ortigueira
  • Medio
16h

Internet: Ocio e operacións dixitais

Internet: Ocio e operacións dixitais

Banca Dixital

  • 01 - 27 Mai 2024
  • Cuntis
  • Medio
Consulta a listaxe completa de cursos dispoñibles ou achégate á túa aula CeMIT máis próxima e matricúlate!!

Teleformación

Xa podes formarte onde queiras, cando queiras e ao teu ritmo accedendo á plataforma virtual de teleformación EMA onde atoparás cursos adaptados a distintos niveis e necesidades.

Coa plataforma de formación virtual EMA, tan só precisas de conexión a Internet para poder realizar de forma sinxela e directa os cursos que mellor se adapten ás túas necesidades e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT.
Se aínda non o fixeches... Rexístrate como usuario/a da Rede CeMIT e entra en EMA!

Certificación galega en competencias dixitais (ComDix)

Acredita o teu nivel de competencias na utilización das tecnoloxías no eido persoal, social e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica, a través do ComDix, a certificación que mellorará a túa competitividade e acceso ao mercado laboral.

Co ComDix poderás demostrarlle a calquera institución, persoa empregadora ou persoa o teu nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.

 

Coa obtención da Certificación galega de competencias dixitais (ComDix) disporás dun documento dixital, en galego e castelán, asinado electronicamente, e cun código único que verificará a súa autenticidade. Incluirá información sobre a persoa titular da certificación, o seu nivel de aptitude nas diferentes áreas e competencias, data e lugar da certificación e forma de obtención da mesma.
Como podo obter a certificación do ComDix? Ofrecémosche tres posibilidades:

Presentándote a un curso de teleformación titorizada con exame presencial.

Presentándote directamente a unha proba (exame libre).

Mediante a convalidación doutro título ou certificación coma o Codix.

Visita a páxina de Competencias Dixitais se queres ter máis información sobre o ComDix.

Proxectos e iniciativas singulares

En colaboración cos Aliados Dixitais queremos transformar á sociedade atraendo, retendo e achegando á cidadanía as TIC coa posta en marcha de proxectos relacionados cos costumes e necesidades do noso territorio.

Queres adquirir competencias dixitais?
Integrarte social e tecnoloxicamente?
Resolver desafíos sociais coa innovación dixital?
Ao longo de todo o territorio e en coordinación cos Aliados Dixitais realizamos Proxectos e Iniciativas singulares consistentes en obradoiros, faladoiros, talleres, demostracións… onde se traballa con distintas tecnoloxías e aplicacións favorecendo e impulsando aspectos da cidadanía como:
A autonomía persoal e o envellecemento activo.
A seguridade e confianza na rede.
As habilidades e competencias dixitais para o emprego e a vida cotiá.
As novas profesións dixitais.
A participación cidadá a través da Rede ou a resolución de necesidades sociais.

Faladoiros

Achégate á tecnoloxía a través da participación en charlas e xornadas divulgativas e de sensibilización sobre as TIC organizadas polos Aliados Dixitais.

Ofrecémosche a posibilidade de asistir a charlas e actividades relacionadas co ámbito dixital organizadas polos Aliados Dixitais noCentro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
Estes son algúns dos faladoiros aos que podes acceder...
1.5h

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA Teleformación

  • 30 Abr 2024
  • Celanova
2h

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA Teleformación

  • 30 Abr 2024
  • Ponteareas
3h

Exame presencial EMA teleformación

Exame presencial EMA teleformación

Exame Presencial Ema Teleformación

  • 02 Mai 2024
  • Poio
Consulta a listaxe completa de charlas dispoñibles ou achégate á túa aula CeMIT máis próxima e matricúlate!!
Tamén che pode interesar...

Apoios Dixitais

Os servizos do Plan amplíanse coa colaboración e participación das persoas voluntarias na realización de todo tipo de actividades que axuden ao resto da cidadanía no seu achegamento ao mundo dixital.

O compromiso e solidariedade das persoas voluntarias permítenos realizar accións de inclusión dixital ao longo de todo o territorio galego a través de apoios dixitais presenciais ou virtuais consistentes en: formacións, demostracións de aplicacións, asesoramentos, xornadas de sensibilización ...
Os apoios dixitais adaptaranse en cada caso segundo as necesidades detectadas grazas aos coñecementos das persoas e entidades colaboradoras.
E se queres apoiar noutros ámbitos... Consulta o Voluntariado Galego.org

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS