- A AEF premiou a Fundación Telefónica por "o seu decidido impulso para facer das transformacións tecnolóxicas un instrumento ao servizo da sociedade dixital, que responda as esixencias da igualdade de oportunidades e á difusión do coñecemento para todos e ao servizo de todos".
Os premios foron entregados polos actores de Campións, película candidata aos Óscar 2019; Antonio Garrigues, presidente da Fundación Garrigues; Rafael Matesanz, fundador da Organización Nacional de Transplantes; Araceli Pereda, presidenta da Asociación Hispania Nostra; e a nadadora paralímpica Teresa Perales. Lucila Ballarino, responsable Global Transformación Dixital da Fundación Telefónica, subiu a recoller o galardón.
O xurado formárono Antonio Garrigues, presidente da Fundación Garrigues, Avogados e Asesores Tributarios; Ana María Llopis, fundadora e conselleira delegada de Global ideas4all SL.; Rafael Matesanz, fundador da Organización Nacional de Transplantes e Premio Príncipe de Asturias; Teresa Perales, nadadora paralímpica; Araceli Pereda, presidenta da Asociación Hispania Nostra; Bieito Rubido, director do diario ABC; e Eva Saiz, subdirectora do diario El País.
A xornada inaugural de DEMOS contou con Javier Nadal, presidente da AEF; Rosalía Arteaga, expresidenta de Ecuador; Michael Hastings, membro da Cámara dos Lores e xefe global de Cidadanía de KPMG Internacional; e Federico Buyolo, director xeneral Alto Comisionado Axenda 2030 en España. Máis de 80 expertos en sectores como o tecnolóxico, educativo, científico, deportivo ou filantrópico explicaron como superar os retos actuais e activar aos cidadáns. Todos eles puxeron de manifesto o papel protagonista da sociedade civil como motor de cambio e o optimismo como mellor saída: só os optimistas son capaces de afrontar os retos futuros e aproveitar as oportunidades para crear un mundo mellor.
A tecnoloxía como motor social
A Fundación Telefónica puxo en marcha en 2017 a estratexia global de Transformación Dixital co obxectivo de combinar intelixentemente a tecnoloxía dispoñible coa súa experiencia en acción social. Deste xeito, é posible conseguir un maior impacto social nos proxectos, ademais dunha maior eficiencia operativa e un incremento do beneficio e a capacidade de acción. Esta área estratéxica transversal envolve a toda a institución cun dobre alcance: un interno, en canto á transformación dos perfís, os procesos, as ferramentas de traballo que se utilizan, os sistemas e o ADN como organización; e, doutra banda, mirando cara fóra, a través dos proxectos que achega á sociedade. Á súa vez, está estratexia está a aplicarse a todos os proxectos nas catro liñas de intervención onde actúa a Fundación Telefónica: educativos, de emprgeabilidade, de voluntariado corporativo e de arte e cultura dixital.
Grazas á Transformación Dixital, a Fundación Telefónica está a evolucionar como organización cara a unha organización áxil, que realiza proxectos innovadores con persoas innovadoras, onde a tecnoloxía mellora a capacidade de achegar valor social, que toma decisións baseadas en datos e que aproveita as ferramentas tecnolóxicas para maximizar a eficiencia de procesos. O seu plan estratéxico baséase en tres alicerces principais: unha unidade de tecnoloxía e sistemas; unha unidade de innovación e dixitalización; e unha última de big data e analítica avanzada aplicada a todos os programas. Con estes tres alicerces e un forte compoñente de dixitalización, tanto de proxectos como de procesos e as persoas, conseguiuse este triplo impacto de máis eficiencia, máis impacto social e mellor posicionamento.