main content

main content
31/01/201808:01
Cartel del evento.

El CPEIG muestra a los escolares de A Pobra las pautas para una buena navegación

El Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá este 31 de enero una charla gratuita en el Centro de Estudios Profesionales (CEP) Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre navegación en Internet y sobre los mejores instrumentos que las nuevas generaciones pueden aplicar para sacar el máximo provecho de la Red, en positivo. La charla, organizada por la AMPA Cadreche, se celebrará a las 16:00 horas en el propio colegio.

La jornada informativa, dirigida a alumnos de 4º, 5º y 6º de Primaria, padres, madres, tutores y profesores, se organiza con motivo del Día Europeo de la Protección de Datos (efeméride que se conmemoró el pasado domingo 28 de enero, promovida por el Consejo de Europa, la Comisión Europea y todas las autoridades implicadas de la Unión Europea). Estará impartida por el colegiado Gabriel Ferreiro, que hará hincapié en las posibilidades que se abren a través de un uso adecuado de internet, posibilidades para “aprender, divertirse y comunicarse”, pero empleándola con sentido común.

El colegiado avanza también que la navegación por Internet sirve para comunicarse, a través de correo electrónico, mensajes instantáneos, chats o de las redes sociales, y para expresarse de forma más extensa empleando otros espacios destinados a ese fin como son los blogs. También manifiesta que se puede tener un tiempo de ocio escuchando música, viendo películas, jugando a videojuegos o leyendo libros en línea o descargando sus archivos, “pero siempre de manera legal”. También hace hincapié en la importancia documental de la Red para hacer los trabajos escolares, empleando los buscadores para acceder a todo el conocimiento que se precise. 

Gabriel Ferreiro, a manera de avance de su charla en A Pobra, recomienda a los chicos que tengan el control sobre el perfil para no exponerse innecesariamente a riesgos como el phishing (fraude), el correo basura, los correos masivos, el software malicioso o el ciberacoso, ciberbullying o grooming o acoso sexual. El experto argumenta que siempre se debe tener en cuenta esta frase: “No hagas en internet nada que no harías en la vida real”.

El colegiado añade igualmente que se debe tener cuidado con los datos, fotos (sobre todo de menores), información personal, de la familia o de los trabajos, siempre pensando antes de publicar. Explica también que cuando se interactúa en la Red, los chavales deben emplear apodos y nicks idóneos (no emplear nunca el nombre real, ni la edad o año de nacimiento) y tampoco usar la webcam, no citarse con alguien fuera de la red o publicar fotos sin consentimiento de los fotografiados.

En las redes sociales, Gabriel Ferreiro recuerda que la edad mínima para tener un perfil es de 14 años, excepto en redes sociales específicas para menores, como Blindworlds o Chaval.es, y siempre con la vigilancia de los padres o tutores encargados de velar por su privacidad.

En situaciones de ciberacoso, el experto destaca que se debe denunciar al intimidador.

31/01/201808:01
Cartel do evento.

O CPEIG mostra aos escolares da Pobra as pautas para unha boa navegación

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá este 31 da xeneiro unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre navegación en Internet e sobre os mellores instrumentos que as novas xeracións poden aplicar para tirar o máximo proveito da Rede, en positivo. A charla, organizada pola AMPA Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no propio colexio.

A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (efeméride que se conmemorou o pasado domingo 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades implicadas da Unión Europea). Estará impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro, que fará fincapé nas posibilidades que se abren a través dun uso axeitado da Internet, posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero empregándoa con sentido común.

O colexiado avanza tamén que a navegación por Internet serve para comunicarse, a través de correo electrónico, mensaxes instantáneas, chats ou das redes sociais, e para expresarse de forma máis extensa empregando outros espazos destinados a ese fin como son os blogs. Tamén manifesta que se pode ter un tempo de lecer escoitando música, vendo películas, xogando a videoxogos ou lendo libros en liña ou descargando os seus arquivos, “pero sempre de maneira legal”. Tamén fai fincapé na importancia documental da Rede para facer os traballos escolares, empregando os buscadores para acceder a todo o coñecemento que se precise. 

Gabriel Ferreiro, a xeito de avance do seu relatorio na Pobra, recomenda aos rapaces que teñan o control sobre o perfil para non expoñerse innecesariamente a riscos como o phishing (fraude), o correo lixo, os correos masivos, o software malicioso ou o ciberacoso, ciberbullying ou grooming ou acoso sexual. O experto argumenta que sempre se debe ter en conta esta frase: “Non fagas en internet nada que non farías na vida real”.

O colexiado engade igualmente que se debe ter coidado cos datos, fotos (sobre todo de menores), información persoal, da familia ou dos traballos, sempre pensando antes de publicar. Explica tamén que cando se interactúa na Rede, os rapaces deben empregar alcumes e nicks axeitados (non empregar nunca o nome real, nin a idade ou ano de nacemento) e tampouco usar a webcam, non citarse con alguén fóra da rede ou publicar fotos sen consentimento dos fotografados.

Nas redes sociais, Gabriel Ferreiro lembra que a idade mínima para ter un perfil é de 14 anos, excepto en redes sociais específicas para menores, como Blindworlds ou Chaval.es, e sempre coa vixilancia dos pais ou titores encargados de velar pola súa privacidade.

En situacións de ciberacoso, o experto destaca que se debe denunciar ao intimidador.

31/01/201808:01
Xornada maker no Milladoiro.

Makers de todas as orixes e idades xúntanse en Milladoiro este 2 de febreiro

Este 2 de febreiro, na Casa de Cultura do Milladoiro, temos unha cita co espírito Maker. Ou sexa, que temos un convite para tirar abaixo os atrancos que nos separan da creación tecnolóxica coas nosas propias mans, a todos e cada un de nós e sen importar, para nada, a nosa formación na devandita materia. A cita Innovames vén da man do Concello de Ames, e trátase, como dixemos, dunha xornada de innovación e argalleira (Maker). Contarase coa presenza de grandes referentes da filosofía do Do it yourself aplicada ao software, á robótica, a proxectos científicos ou a calquera tipo de enxeño, tanto a nivel galego como estatal e internacional. 

Pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas, haberá unha xornada adicada a profesionais do sector. De seguido, pola tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, desenvolveranse obradoiros para nenos/as, unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 e demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder á web innovames.gal. Segundo informa a organización, premendo na ligazón da dereita, baixo o apartado de descargas, poderemos obter o programa de Innovames.

O obxectivo deste encontro Maker é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, “xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que dean lugar a proxectos innovadores”. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais. Todo isto, informa o Concello, conforma o groso dunha programación que se artella en dúas xeiras. Por unha banda, a matinal, que estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en múltiples sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional. No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outras compañías locais, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores. 

Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que se dirixe a impulsar creación de sinerxías entre empresarios e argalleiros asistentes. 

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca pór en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa Comunidade, fomentando a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital Maker galego”. 
 

Programa de tarde
O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Celebraranse demostracións de ciencia e de realidade virtual, obradoiros de robótica e videoxogos, e habilitarase un espazo para programar aplicacións móbiles. A xeira de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos. 

Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2017 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como demostracións de experimentos científicos.

29/01/201808:01
Innovames.

Makers de todos los orígenes y edades se juntan en Milladoiro este 2 de febrero

Este 2 de febrero, en la Casa de Cultura del Milladoiro, tenemos una cita con el espíritu Maker. O sea, que tenemos una invitación para tirar abajo las barreras que nos separan de la creación tecnológica con nuestras propias manos, a todos y cada uno de nosotros y sin importar, para nada, nuestra formación en dicha materia. La cita Innovames viene de la mano del Ayuntamiento de Ames, y se trata, como dijimos, de una jornada de innovación y maker. Se contará con la presencia de grandes referentes de la filosofía del Do it yourself aplicada al software, a la robótica, a proyectos científicos o a cualquier tipo de ingenio, tanto a nivel gallego como estatal e internacional. 

Por la mañana, de 09:00 a 14:00 horas, habrá una jornada dedicada a profesionales del sector. A continuación, por la tarde, entre las 16:00 y las 20:00 horas, se desarrollarán talleres para niños/as, una exposición de proyectos de la Maker Faire Galicia 2018 y demostraciones de experimentos científicos. Este es el segundo evento de estas características que organiza el Ayuntamiento de Ames, después del "Roteiro Maker" hecho en diciembre de 2016. Para obtener más información o inscribirse en la jornada profesional y en los talleres hay que acceder a la web innovames.gal. Según informa la organización, presionando en el enlace de la derecha, bajo el apartado de descargas, podremos obtener el programa de Innovames.

El objetivo de este encuentro Maker es ofrecer las últimas tendencias en el mundo de la innovación a todos los públicos, “generando un espacio para el aprendizaje y el diálogo, donde se comparta conocimiento y surjan sinergias que den lugar a proyectos innovadores”. Esta iniciativa está compuesta de conferencias y mesas de debate que versan sobre la tecnología, la innovación, el audiovisual y la utilización de nuevos materiales. Todo esto, informa al Ayuntamiento, conforma el grueso de una programación que se articula en dos jornadas. Por una parte, la matinal, que estará dirigida exclusivamente al sector profesional. A las 09:30 se realizará la presentación del evento. A continuación, de 10:00 a 10:30 horas, se contará con la presencia de Sonia Pazos Álvarez del INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá una charla sobre las posibilidades que nos otorga la nanotecnología en múltiples sectores y donde presentará todo lo que se está haciendo en este centro de referencia internacional. En el programa matinal también destaca la presencia de diferentes representantes de las empresas asentadas en el polígono del Nuevo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films o Zenit entre otras compañías locales, que ofrecerán su visión particular del estado de la innovación dentro de sus diferentes sectores. 

Además, habrá un espacio de exposición en el que los asistentes podrán conocer de primera mano ejemplos de la Galicia más innovadora, con la presencia de makers gallegos creadores de proyectos de innovación de referencia. Unos pinchos pondrán el punto final la una sesión de networking  que se dirige a impulsar creación de sinergias entre empresarios y makers asistentes. 

La concejal de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “con la creación de Innovames el Ayuntamiento de Ames busca poner en valor los recursos y la capacidad de innovación de nuestra Comunidad, fomentando la colaboración entre las empresas e inventores gallegos, y dando a conocer al público general el capital Maker gallego”. 
 

Programa de tarde
El evento se completará con una sesión de tarde que estará más enfocada al público familiar a través de la programación de diferentes actividades y talleres orientados a los más pequeños. Se celebrarán demostraciones de ciencia y de realidad virtual, talleres de robótica y videojuegos, y se habilitará un espacio para programar aplicaciones móviles. La jornada de tarde comenzará las 16:00 horas con un taller de papirotrónica, dirigido a niños y niñas de más de 6 años. De 18:00 a 20:00 habrá otros dos talleres de robótica y de programación de apps, que están dirigidos a niños/as de más de 8 años. 

Además, durante toda la tarde habrá una exposición de proyectos de la Maker Faire Galicia 2017 en la que participarán las entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.La.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, y SPAINLABS, así como demostraciones de experimentos científicos.

29/01/201808:01
Innovames.

Makers de todas as orixes e idades xúntanse en Milladoiro este 2 de febreiro

Este 2 de febreiro, na Casa de Cultura do Milladoiro, temos unha cita co espírito Maker. Ou sexa, que temos un convite para tirar abaixo os atrancos que nos separan da creación tecnolóxica coas nosas propias mans, a todos e cada un de nós e sen importar, para nada, a nosa formación na devandita materia. A cita Innovames vén da man do Concello de Ames, e trátase, como dixemos, dunha xornada de innovación e argalleira (Maker). Contarase coa presenza de grandes referentes da filosofía do Do it yourself aplicada ao software, á robótica, a proxectos científicos ou a calquera tipo de enxeño, tanto a nivel galego como estatal e internacional. 

Pola mañá, de 09:00 a 14:00 horas, haberá unha xornada adicada a profesionais do sector. De seguido, pola tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas, desenvolveranse obradoiros para nenos/as, unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2018 e demostracións de experimentos científicos. Este é o segundo evento destas características que organiza o Concello de Ames, despois do Roteiro Maker feito en decembro de 2016. Para obter máis información ou inscribirse na xornada profesional e nos obradoiros hai que acceder á web innovames.gal. Segundo informa a organización, premendo na ligazón da dereita, baixo o apartado de descargas, poderemos obter o programa de Innovames.

O obxectivo deste encontro Maker é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, “xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que dean lugar a proxectos innovadores”. Esta iniciativa está composta de conferencias e mesas de debate que versan sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais. Todo isto, informa o Concello, conforma o groso dunha programación que se artella en dúas xeiras. Por unha banda, a matinal, que estará dirixida exclusivamente ao sector profesional. As 09:30 realizarase a presentación do evento. De seguido, de 10:00 a 10:30 horas, contarase coa presenza de Sonia Pazos Álvarez do INL, International Iberian Nanotechnology Laboratory, que ofrecerá un relatorio sobre as posibilidades que nos outorga a nanotecnoloxía en múltiples sectores e onde presentará todo o que se está a facer neste centro de referencia internacional. No programa matinal tamén destaca a presenza de diferentes representantes das empresas asentadas no polígono do Novo Milladoiro como NanoGap, Escenoset, Cartogalicia, CineMar films ou Zenit entre outras compañías locais, que ofrecerán a súa visión particular do estado da innovación dentro dos seus diferentes sectores. 

Ademais, haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man exemplos da Galicia máis innovadora, coa presenza de makers galegos creadores de proxectos de innovación de referencia. Uns petiscos porán o punto final a unha sesión de networking que se dirixe a impulsar creación de sinerxías entre empresarios e argalleiros asistentes. 

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “coa creación de Innovames o Concello de Ames busca pór en valor os recursos e a capacidade de innovación da nosa Comunidade, fomentando a colaboración entre as empresas e inventores galegos, e dando a coñecer ao público xeral o capital Maker galego”. 
 

Programa de tarde
O evento completarase cunha sesión de tarde que estará máis enfocada ao público familiar a través da programación de diferentes actividades e obradoiros orientados aos máis cativos. Celebraranse demostracións de ciencia e de realidade virtual, obradoiros de robótica e videoxogos, e habilitarase un espazo para programar aplicacións móbiles. A xeira de tarde comezará as 16:00 horas cun obradoiro de papirotrónica, dirixido a nenos e nenas de máis de 6 anos. De 18:00 a 20:00 haberá outros dous obradoiros de robótica e de programación de apps, que están dirixidos a nenos/as de máis de 8 anos. 

Ademais, durante toda a tarde haberá unha exposición de proxectos da Maker Faire Galicia 2017 na que participarán as entidades 3D Limitless, MAKEROID, Arcade Pi, B.R.A.I.S., I.E.S. Sánchez Cantón, MINIMO, IOTLAB, PSICOVR, e SPAINLABS, así como demostracións de experimentos científicos.

26/01/201812:01
Competición de Robots.

Los mejores robots de nuestros estudiantes medirán fuerzas en la UVigo el 4 de mayo

Lo bueno de estos tiempos es que los robots, su diseño y construcción, dejaron de estar al alcance de unos pocos. Ahora, no hay duda, existen tecnologías, comunidades y movimientos sociotecnológicos (por ejemplo el movimiento Maker) que nos permiten echar abajo las barreras que nos separan del que, en tiempos, era poco más que ciencia ficción. Por si esto fuera poco, también hay certámenes donde el futuro se hace presente y se alimenta abiertamente a la creatividad tecnológica. Por ejemplo la Competición de Robots de la Escuela de Ingeniería Industrial (UVigo) que se celebra el 4 de mayo, convocando a estudiantes de enseñanza secundaria y superior de nuestra tierra. En el certamen, que va por su cuarta edición, se invitará a los participantes a dar forma a sus propios robots. El 4 de mayo, sus ingenios se verán las “caras”. 

Según hace saber Juan Pardo, director de la Escuela de Ingeniería Industrial, uno de los objetivos de la cita es acercar a la Universidad a los futuros y futuras estudiantes”, además de fomentar “el interés del alumnado por las disciplinas STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics)” y potenciar el trabajo por proyecto y el autoaprendizaje en el diseño, construcción y programación de los robots autónomos.

La competición se realizará por equipos, que deberán diseñar, construir y poner en funcionamiento su respectivo robot a partir de un kit básico que les entregará la organización. El 4 de mayo será el día en el que los equipos pondrán la prueba sus robots, que deberá superar una serie de pruebas de destreza. Los alumnos y alumnas de enseñanza secundaria que deseen vivir esta experiencia y desarrollar sus capacidades tecnológicas deberán hacerlo en la categoría Wall-e ,mientras que los estudiantes de titulaciones superiores puede inscribirse en la modalidad R2D2. La fecha límite para formalizar la matrícula es el próximo lunes 29 de enero.

Como dijimos, en este 2018 la competición llega ya a su cuarta edición, consolidándose, en palabras de los organizadores, “como una cita de referencia que cada año reúne cientos de estudiantes de toda Galicia”. Según indican, haciendo balance de ediciones previas, en 2017 se superaron los 800 inscritos y las expectativas de esta nueva convocatoria pasan por mantener el mismo grado de participación.

Respecto a las categorías, la modalidad Wall-e está concebida para estudiantes de ESO y Bachillerato, siendo su objetivo que las y los participantes se familiaricen con el mundo de la robótica, participando en el montaje y programación de un robot móvil partiendo del kit mBot Robot Educativo (2.4G), programable de manera fácil con Scratch y compatible con la plataforma abierta Arduino. La competición se realizará en equipos de entre tres y seis estudiantes y un profesor tutor que deberán someter su autómata a dos pruebas: completar en el menor tiempo posible un circuito con obstáculos y una especie de combate ente droides que deben sacar del campo de juego a sus adversarios.

Por lo que alcanza a la otra categoría, el alumnado de Formación Profesional y de titulaciones universitarias competirá en grupos de menos de seis personas o bien de manera individual en la modalidad R2D2, que comprende cuatro pruebas, tres individuales y una colectiva. En este caso cada equipo debe crear un robot con un tamaño máximo de 20 cm de lado y un peso máximo 1.500 gramos. En la prueba de rastreo los robots deben completar una vuelta completa de no más de cuatro metros, pero sí con cambios bruscos de dirección, en un máximo de 60 segundos. En un tiempo inferior a un minuto, los robots deberán superar el siguiente examen de clasificación, un laberinto rectangular de 2x2 metros. En la tercera prueba deberán retirar seis latas de un recinto de aproximadamente 1 metro de diámetro, y el último test será también un combate entre droides, como en la modalidad Wall-e.

26/01/201812:01
Competición de Robots.

Os mellores robots dos nosos estudantes medirán forzas na UVigo o 4 de maio

O bo destes tempos é que os robots, o seu deseño e construción, deixaron de estar ao alcance duns poucos. Agora, non hai dúbida, existen tecnoloxías, comunidades e movementos sociotecnolóxicos (por exemplo o movemento Maker) que nos permiten botar abaixo as barreiras que nos separan do que, en tempos, era pouco máis que ciencia ficción. Por se isto fose pouco, tamén hai certames onde o futuro faise presente e aléntase abertamente á creatividade tecnolóxica. Por exemplo a Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial (UVigo) que se celebra o 4 de maio, convocando a estudantes de ensino secundario e superior da nosa terra. No certame, que vai pola súa cuarta edición, convidarase aos participantes a dar forma aos seus propios robots. O 4 de maio, os seus enxeños veranse as “caras”. 

Segundo fai saber Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial, un dos obxectivos da cita é “achegar á Universidade aos futuros e futuras estudantes”, amais de “fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics)” e potenciar o traballo por proxecto e a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación dos robots autónomos.

A competición realizarase por equipos, que deberán deseñar, construír e poñer en funcionamento cadanseu robot a partir dun kit básico que lles entregará a organización. O 4 de maio será o día no que os equipos porán a proba os seus robots, que deberá superar unha serie de probas de destreza. Os alumnos e alumnas de ensino secundario que desexen vivir esta experiencia e desenvolver as súas capacidades tecnolóxicas deberán facelo na categoría Wall-E, mentres que os estudantes de titulacións superiores pode inscribirse na modalidade R2D2. A data límite para formalizar a matrícula é o vindeiro luns 29 de xaneiro.

Como dixemos, neste 2018 a competición acada xa a súa cuarta edición, consolidándose, en palabras dos organizadores, “como unha cita de referencia que cada ano reúne centos de estudantes de toda Galicia”. Segundo indican, facendo balance de edicións previas, en 2017 superáronse os 800 inscritos e as expectativas desta nova convocatoria pasan por manter o mesmo grao de participación.

Respecto das categorías, a modalidade Wall-e está concibida para estudantes de ESO e Bacharelato, sendo o seu obxectivo que as e os participantes se familiaricen co mundo da robótica, participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit mBot Robot Educativo (2.4G), programable de xeito doado con Scratch e compatible coa plataforma aberta Arduino. A competición realizarase en equipos de entre tres e seis estudantes e un profesor titor que deberán someter o seu autómata a dúas probas: completar no menor tempo posible un circuíto con obstáculos e unha especie de combate ente droides que deben sacar do campo de xogo aos seus opoñentes.

Polo que atinxe á outra categoría, o alumnado de Formación Profesional e de titulacións universitarias competirá en grupos de menos de seis persoas ou ben de maneira individual na modalidade R2D2, que comprende catro probas, tres individuais e unha colectiva. Neste caso cada equipo debe crear un robot cun tamaño máximo de 20 cm de lado e un peso máximo 1.500 gramos. Na proba de rastrexo os robots deben completar unha volta completa de non máis de catro metros, pero si con cambios bruscos de dirección, nun máximo de 60 segundos. Nun tempo inferior a un minuto, os robots deberán superar o seguinte exame de clasificación, un labirinto rectangular de 2x2 metros. Na terceira proba deberán retirar seis latas dun recinto de aproximadamente 1 metro de diámetro, e o derradeiro test será tamén un combate entre droides, como na modalidade Walll-e.

25/01/201810:01
Logo 4YFN.

Máis de 19.000 asistentes e 700 investidores estarán no 4YFN

  • O encontro, que coincide co MWC, celebrarase do 26 ao 28 de febreiro e busca «estimular a colaboración» entre empresas emerxentes e grandes compañías

 

O encontro de referencia no ámbito empresarial 4YFN, organizado pola Mobile World Capital Congress e GSMA, celebrará a súa quinta edición do 26 ao 28 de febreiro. Un ano máis, terá lugar no recinto feiral de Montjuïc de Barcelona, onde volverá ocupar os 18.000 metros cadrados do pavillón 8, coincidindo coa celebración do Congreso Mundial de Móbiles (MWC).

No certame reuniranse emprendedores, startups e profesionais tanto locais como internacionais de grandes corporacións que profundarán no proceso de creación e crecemento dunha empresa de base dixital. Nesta edición, 4YFN Barcelona pretende superar os 19.000 asistentes, dos cales se espera que «gocen a experiencia ao máximo», e contará con 700 investidores.

Así, as startups da zona de exhibición, Innovation Market, serán 700 e provirán de máis de 145 países e 12 delegacións internacionais. Por primeira vez, contarase coa participación de Brasil e Arxentina, que se suman así aos xa veteranos como Francia, Alemaña, Xapón ou Italia, entre outros.

Tras un primeiro ciclo de 4 anos, 4YFN quere dar voz aos emprendedores e startups locais que creceron co propio evento. O encontro contará cos «heroes locais», emprendedores que desenvolveron os seus proxectos desde Barcelona e están vinculados á plataforma, que compartirán a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos dixitais.

A programación prevista contempla un total de 275 relatores e 110 horas de contido sobre cuestións de actualidade como o Blockchain, a intelixencia artificial, o Internet das Cousas, o Big Data ou a transferencia tecnolóxica, aínda que as tres grandes temáticas que guiarán esta edición serán a disrupción, a innovación e a transformación.

As actividades paralelas serán o programa da GSMA Women4Tech, iniciativa que aborda a igualdade e a diversidade de xénero dentro da comunidade, e o Dixital Health & Wellness Summit, onde profesionais da innovación en saúde dixital discutirán as necesidades e desafíos na industria da saúde, e o programa de aceleración de IMPACT Accelerator e o Ship28 Social Innovation Challenge, impulsado pola aceleración de innovación social líder en Barcelona.

 

Obxectivo: a colaboración

O director do encontro, Esteban Redolfi, explicou durante a presentación da edición que o obxectivo deste ano é «estimular a colaboración» entre empresas emerxentes e grandes compañías, e por iso o evento contará en 2018 con máis espazos de contacto e traballo en rede entre os diferentes axentes do ecosistema.

Das 3.258 startups en España o 34% atópanse en Barcelona e o 31.05% en Madrid, por iso Redolfi quixo destacar a «importante cooperación» entre Madrid, 6º hub a nivel europeo e Barcelona, 5º hub, xa que xuntas poderán superar as novas metas marcadas e poder así competir con outras cidades como Londres ou Berlín que se atopan «noutra liga». Os organizadores inciden en que non hai que «descoidar» Valencia e Bilbao, que aos poucos se están facendo un maior oco a nivel nacional.

No marco deste encontro outorgaranse tamén os 4YFN Awards, que premiarán a mellor «startup» dixital desta edición. A final terá lugar o 28 de febreiro. Redolfi subliñou, en calquera caso, que 4YFN «non busca a cantidade, senón a calidade», e que o obxectivo último do evento é consolidarse como punto de encontro do ecosistema internacional de «startups».

25/01/201810:01
Logo 4YFN.

Más de 19.000 asistentes y 700 inversores estarán en el 4YFN

  • El encuentro, que coincide con el MWC, se celebrará del 26 al 28 de febrero y busca «estimular la colaboración» entre empresas emergentes y grandes compañías

 

El encuentro de referencia en el ámbito empresarial 4YFN, organizado por la Mobile World Capital Congress y GSMA, celebrará su quinta edición del 26 al 28 de febrero. Un año más, tendrá lugar en el recinto ferial de Montjuïc de Barcelona, donde volverá a ocupar los 18.000 metros cuadrados del pabellón 8, coincidiendo con la celebración del Congreso Mundial de Móviles (MWC).

En el certamen se reunirán emprendedores, startups y profesionales tanto locales como internacionales de grandes corporacionesque profundizarán en el proceso de creación y crecimiento de una empresa de base digital. En esta edición, 4YFN Barcelona pretende superar los 19.000 asistentes, de los cuales se espera que «disfruten la experiencia al máximo», y contará con 700 inversores.

Así, las startups de la zona de exhibición, Innovation Market, serán 700 y provendrán de más de 145 países y 12 delegaciones internacionales. Por primera vez, se contará con la participación de Brasil y Argentina, que se suman así a los ya veteranos como Francia, Alemania, Japón o Italia, entre otros.

Tras un primer ciclo de 4 años, 4YFN quiere dar voz a los emprendedores y startups locales que han crecido con el propio evento. El encuentro contará con los «héroes locales», emprendedores que han desarrollado sus proyectos desde Barcelona y están vinculados a la plataforma, que compartirán su experiencia en el desarrollo de proyectos digitales.

La programación prevista contempla un total de 275 ponentes y 110 horas de contenido sobre cuestiones de actualidad como el Blockchain, la inteligencia artificial, el Internet de las Cosas, el Big Data o la transferencia tecnológica, si bien las tres grandes temáticas que guiarán esta edición serán la disrupción, la innovación y la transformación.

Las actividades paralelas serán el programa de la GSMA Women4Tech, iniciativa que aborda la igualdad y la diversidad de género dentro de la comunidad, y el Digital Health & Wellness Summit, donde profesionales de la innovación en salud digital discutirán las necesidades y desafíos en la industria de la salud, y el programa de aceleración de IMPACT Accelerator y el Ship28 Social Innovation Challenge, impulsado por la aceleración de innovación social líder en Barcelona.

 

Objetivo: la colaboración

El director del encuentro, Esteban Redolfi, ha explicado durante la presentación de la edición que el objetivo de este año es«estimular la colaboración» entre empresas emergentes y grandes compañías, y por ello el evento contará en 2018 con más espacios de contacto y trabajo en red entre los diferentes agentes del ecosistema.

De las 3.258 startups en España el 34% se encuentran en Barcelona y el 31.05% en Madrid, por ello Redolfi ha querido destacar la «importante cooperación» entre Madrid, 6º hub a nivel europeo y Barcelona, 5º hub, ya que juntas podrán superar las nuevas metas marcadas y poder así competir con otras ciudades como Londres o Berlín que se encuentran «en otra liga». Los organizadores inciden en que no hay que «descuidar» Valencia y Bilbao, que poco a poco se están haciendo un mayor hueco a nivel nacional.

En el marco de este encuentro se otorgarán también los 4YFN Awards, que premiarán la mejor «startup» digital de esta edición. La final tendrá lugar el 28 de febrero. Redolfi ha subrayado, en cualquier caso, que 4YFN «no busca la cantidad, sino la calidad», y que el objetivo último del evento es consolidarse como punto de encuentro del ecosistema internacional de «startups».

25/01/201808:01
Cartel do evento.

Vuelven los Amigus Labs (el 3 de febrero) y sus jornadas maker para toda la familia

La asociación Amigus, con sede operativa en As Pontes, comienza el año retomando el hilo de actividades maker y tecnológicas con las que agasajó a los seguidores de las tecnologías, pequeños y mayores, a lo largo de los meses pasados. Este 3 de febrero, sin ir más lejos, se celebra en el Hogar de Endesa (en As Pontes) una nueva edición de los talleres Amigus Labs, dedicados al arte, a la creación digital y a la formación. La nueva jornada de trabajo (Maker 18.1) servirá para introducirnos en el manejo de pequeñas placas de prototipado y a hacer nuestros propios proyectos de robótica realidad. 

Según informan desde Amigus, más en detalle, mediante placas libres Arduino y Raspberry Pi se dará comienzo a un “nuevo prototipo de instalación interactiva, una instalación manejada mediante Internet donde los usuarios tendrán a su alcance la posibilidad de interactuar los objetos fabricados”. La jornada tiene el añadido extra de abarcar múltiples aspectos de la creación tecnológica actual, desde la Internet de las Cosas al audio y el vídeo digital, pasando por la robótica, el uso de impresoras 3D y las fresadoras CNC. En la jornada de trabajo también se definirán conceptos y funcionamientos, se evaluarán costes y se echará luz sobre cómo aplicar mejoras en el desarrollo final. Además de todo lo dicho, en esta jornada y en las próximas habrá margen para montar robots velocistas de competición, pequeños vehículos inteligentes de carreras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth y repleto de sensores y cámaras, entre otros elementos tecnológicos. Dentro del área Amigus Labs Kids, y ya que estamos a punto de sumergirnos de lleno en el Carnaval, se organizará un taller de fabricación de disfraces con textil interactivo, en el que los chavales podrán crear máscaras y otros elementos. La edad mínima para participar tanto en el taller como en la Amigus Labs es de 8 años en adelante, la inscripción es gratuita. Todas las actividades se realizarán de 11:00 a 20:00, haciendo una parada para el almuerzo de 14:00 a 16:00.

Más información en http://www.amiguslabs.org.

Blog Xente Dixital

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

(Galego) 4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Vie 24 Sep

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

LEER MÁS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán la luz próximamente

Mar 21 Sep

La aplicación de mensajería Whatsapp es una de las apps más utilizadas a la hora de comunicarnos: hablar con nuestros amigos y familiares, organizar tareas con nuestros compañeros de trabajo o establecer citas médicas es mucho más fácil a través de esta aplicación. Whatsapp es consciente del nivel...

LEER MÁS

Lun 28 Jun