main content

main content
30/04/201810:04
Cartel del programa.

La Amtega y los Clusters TIC y del campo audiovisual presentan el 2 de mayo el plan para impulsar los contenidos digitales en Galicia

  • Se expondrán las líneas estratégicas del DICO Mindset en una jornada abierta a todos los agentes implicados, que se celebrará en la Ciudad de la Cultura
  • El Plan busca reforzar el capital humano, desarrollar proyectos tractores y fomentar la competitividad digital de un sector con 900 empresas y más de 5.000 empleados en Galicia
  • Una de las iniciativas será la incorporación de tendencias interactivas a las emisiones de la televisión pública autonómica para adaptar su oferta a los nuevos hábitos de consumo

 

La Sala Eisenman de la Ciudad de la Cultura acogerá el próximo 2 de mayo la presentación del Plan DICO Mindset de impulso a los contenidos digitales a los agentes implicados. Esta estrategia, elaborada por la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (Amtega) en colaboración con el Clúster TIC y con el Clúster Audiovisual gallego busca posicionar a Galicia en este ámbito, ayudando a las empresas de contenidos a transformarse digitalmente para competir.

La estrategia define actuaciones en tres ejes: el refuerzo del capital humano, el desarrollo de proyectos tractores y el fomento de la competitividad digital para configurar un sector de contenidos digitales gallego más potente, maduro y competitivo, que en este momento aglutina en torno a 900 empresas con cerca de 5.400 empleados.

 

Proyectos Tractores

En el encuentro, que será inaugurado por la directora de la Amtega, Mar Pereira y presidentes de los Clústers TIC y del Audiovisual, Antonio Rodríguez y Jorge Algora respectivamente, se detallarán las líneas estratégicas del Plan así como los proyectos tractores que tiene en marcha la Xunta en este ámbito como el espacio de creación de contenidos educativos innovadores o la iniciativa Geoarpad para la digitalización del patrimonio cultural de Galicia y el norte de Portugal.

La CRTVG, cuyo director Alfonso Sánchez clausurará la jornada, dará cuenta de su colaboración con la Amtega para incorporar tendencias interactivas en sus emisiones, avanzando en el posicionamiento de la televisión pública autonómica en los nuevos hábitos de consumo de contenidos con tres líneas de actuación:

  • Se incorporarán a la experiencia de usuario las segundas pantallas con contenidos de realidad aumentada y realidad virtual para dispositivos móviles, sincronizados con programas que se emiten en la actualidad.
  • Se emplearán modelos de análisis de datos, basados en técnicas de Big Data, para crear de canales multimedia adaptados a los comportamientos de la audiencia.
  • Se creará un canal temático interactivo capaz de albergar y producir productos audiovisuales para el ámbito educativo.

Con estas iniciativas se dará un paso más en la adaptación de la oferta de la televisión pública autonómica a la experiencia de usuario que exige la audiencia, incorporando las posibilidades de interactividad, personalización y especialización que facilita el contexto digital e internet.

 

Presupuesto del Plan

La ejecución del Plan obedece a una filosofía de coordinación y colaboración entre distintas entidades del ámbito público (Amtega, Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se extiende también a los actores del ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO Mindset cuenta con una inversión de más de 13 millones de euros, de los que más de 1,6 millones de euros se corresponden con capital privado, en el período 2018-2020.

30/04/201810:04
Cartel do programa.

A Amtega e os Clusters TIC e do eido audiovisual presentan o 2 de maio o plan para impulsar os contidos dixitais en Galicia

  • Exporanse as liñas estratéxicas do DICO Mindset nunha xornada aberta a todos os axentes implicados, que se celebrará na Cidade da Cultura
  • O Plan busca reforzar o capital humano, desenvolver proxectos tractores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia
  • Unha das iniciativas será a incorporación de tendencias interactivas ás emisións da televisión pública autonómica para adaptar a súa oferta aos novos hábitos de consumo

 

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 2 de maio a presentación do Plan DICO Mindset de impulso aos contidos dixitais aos axentes implicados. Esta estratexia, elaborada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster TIC e co Clúster Audiovisual galego busca posicionar a Galicia neste ámbito, axudando ás empresas de contidos a transformarse dixitalmente para competir.

A estratexia define actuacións en tres eixos: o reforzo do capital humano, o desenvolvemento de proxectos tractores e o fomento da competitividade dixital para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados.

 

Proxectos Tractores

No encontro, que será inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira e presidentes dos Clústers TIC e do Audiovisual, Antonio Rodríguez e Jorge Algora respectivamente, detallaranse as liñas estratéxicas do Plan así como os proxectos tractores que ten en marcha a Xunta neste ámbito como o espazo de creación de contidos educativos innovadores ou a iniciativa Geoarpad para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia e o norte de Portugal.

A CRTVG, cuxo director Alfonso Sánchez clausurará a xornada, dará conta da súa colaboración coa Amtega para incorporar tendencias interactivas nas súas emisións, avanzando no posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo de contidos con tres liñas de actuación:

  • Incorporaranse á experiencia de usuario as segundas pantallas con contidos de realidade aumentada e realidade virtual para dispositivos móbiles, sincronizados con programas que se emiten na actualidade.
  • Empregaranse modelos de análise de datos, baseados en técnicas de Big Data, para crear de canles multimedia adaptados aos comportamentos da audiencia.
  • Crearase unha canle temática interactiva capaz de albergar e producir produtos audiovisuais para o ámbito educativo.

Con estas iniciativas darase un paso máis na adaptación da oferta da televisión pública autonómica á experiencia de usuario que esixe a audiencia, incorporando as posibilidades de interactividade, personalización e especialización que facilita o contexto dixital e internet.

 

Orzamento do Plan

A execución do Plan obedece a unha filosofía de coordinación e colaboración entre distintas entidades do ámbito público (Amtega, Igape, CRTVG, Agadic, etc.), que se estende tamén aos actores do ámbito privado (Clúster TIC, Clúster Audiovisual, empresas tractoras, etc.). En total, DICO Mindset conta cun investimento de máis de 13 millóns de euros, dos que máis de 1,6 millóns de euros se corresponden con capital privado, no período 2018-2020.

25/04/201809:04
Cartel del evento.

El Campus de Pontevedra acoge este miércoles la celebración del Día de las Redes Gallegas

Este 25 de abril se celebra, para quien no lo sepa, el Día de las Redes Gallegas, con el epicentro en el Campus de Pontevedra. Se trata de una jornada con dos objetivos definidos: destacar la figura de los responsables de comunidades virtuales y mostrar el importante potencial del alumnado (futuras/os profesionales) de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación. La cita arranca en el salón de grados de este centro a partir de las 9.30 horas, en un acto que cuenta con la presencia de Juan Manuel Corbacho, vicerrector del Campus en funciones; Xosé Baamonde, decano de la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación; Valentín García, secretario general de Política Lingüística de la Xunta de Galicia; Paulo Cabral, director del área de Normalización Lingüística de la Universidad de Vigo; y Xabier Martínez Rolán, director de las jornadas.

En la organización del evento se encuentra el profesor Xavier Martínez Rolán, en colaboración con dicha Facultad, la Vicerrectoría del Campus, el área de Normalización Lingüística de la Universidad (ANL) y la Secretaría General de Política Lingüística de la Xunta de Galicia. La jornada contará un año más con un panel de conferenciantes muy destacable: las/los tituladas/os de Ciencias Sociales y Comunicación. Entre las ponentes figuran (entre otras) Lucía Gómez, directora de mercadotecnia de contenidos y medios sociales de Elogia, la referencial agencia de marketing con sede en Vigo; Cristina García, responsable de comunicación digital en Esmerarte Industrias Creativas, firma centrada en promoción cultural al amparo de las nuevas herramientas y en hacer comunidad alrededor del fenómeno creativo; o Jorge Medal, redactor y guionista de formatos televisivos.

Junto a dichos ponentes, el Día de las Redes Gallegas contará también con la presencia activa de Cristina Rodríguez, técnica de normalización lingüística de la ANL, que abordará en este evento a experiencia de Youtubeir@s , proyecto promovido por los servicios de normalización lingüística de las tres universidades gallegas, nueve ayuntamientos y la Diputación de A Coruña y dirigido a dar visibilidad al uso del gallego a través de un concurso en esta red social.
Tras las intervenciones iniciales de cada conferenciante, la jornada, que será retransmitida por UVigo-TV, se completará, a partir de las 12.00 horas, con un coloquio moderado por el profesor Alberto Dafonte.

25/04/201809:04
Cartel do evento.

O Campus de Pontevedra acolle este mércores a celebración do Día das Redes Galegas

Este 25 de abril celébrase, para quen non o saiba, o Día das Redes Galegas, co epicentro no Campus de Pontevedra. Trátase dunha xornada con dous obxectivos definidos: salientar a figura dos responsables de comunidades virtuais e mostrar o importante potencial do alumnado (futuras/os profesionais) da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A cita arranca no salón de graos deste centro a partir das 9.30 horas, nun acto que conta coa presenza de Juan Manuel Corbacho, vicerreitor do Campus en funcións; Xosé Baamonde, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Paulo Cabral, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; e Xabier Martínez Rolán, director das xornadas.

Na organización do evento atópase o profesor Xavier Martínez Rolán, en colaboración coa dita Facultade, a Vicerreitoría do Campus, a Área de Normalización Lingüística da Universidade (ANL) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A xornada contará un ano máis cun panel de conferenciantes moi destacable: as/os tituladas/os de Ciencias Sociais e Comunicación. Entre as relatoras figuran (entre outras) Lucía Gómez, directora de mercadotecnia de contidos e medios sociais de Elogia, a referencial axencia de márketing con sede en Vigo; Cristina García, responsable de comunicación dixital en Esmerarte Industrias Creativas, firma centrada en promoción cultural ao abeiro das novas ferramentas e en facer comunidade arredor do fenómeno creativo; ou Jorge Medal, redactor e guionista de formatos televisivos.

Xunto ás devanditas relatoras, o Día das Redes Galegas contará tamén coa presenza activa de Cristina Rodríguez, técnica de normalización lingüística da ANL, que abordará neste evento a experiencia de Youtubeir@s, proxecto promovido polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, nove concellos e a Deputación da Coruña e dirixido a dar visibilidade ao uso do galego a través dun concurso nesta rede social.
Tralas intervencións iniciais de cada conferenciante, a xornada, que será retransmitida por UVigo-TV, completarase, a partires das 12.00 horas, cun coloquio moderado polo profesor Alberto Dafonte.

25/04/201809:04
Cartel del evento.

El CPEIG y el CESGA convocan el I concurso de memes en el que cada participante podrá presentar tres creaciones originales

En el Día Internacional de las Chicas en las TIC, que se conmemora el 26 de abril, el Colegio de Ingeniería en Informática de Galicia (CPEIG) impulsa y colabora con el Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en una jornada que se celebrará este jueves en la sede del organismo en Santiago de Compostela (Avenida de Vigo s/n).

El evento de ámbito internacional fue creado para motivar a las nuevas generaciones de chicas, con el fin de que consideren las TIC (Tecnologías de la Información y la Comunicación) como un ámbito idóneo para su desarrollo académico, investigador y profesional. Y en concreto esta actividad del CPEIG y el CESGA, "Día de las Chicas en las TIC 2018", se dirige a combatir tendencias, prejuicios y estereotipos e incrementar la presencia femenina en el ámbito profesional TIC gallego, una presencia sin la cual la sociedad digital no dará avanzado ni progresado. La jornada también pondrá de relieve cifras inadmisibles, como por ejemplo la que refleja el porcentaje profesional femenino en el ámbito de la creación de herramientas y contenidos digitales, que es sólo del 9% actualmente.

 

Memes hechos con cualquier tipo de imagen, dibujo o fotografía para Instagram

El CPEIG y CESGA convocan el I concurso de Memes "Chicas y Tecnología", una actividad incluida en el "Día de las Chicas en las TIC 2018" que tiene por objeto provocar la reflexión sobre el papel activo de las chicas y las mujeres en el mundo tecnológico con un lenguaje nuevo y divertido. Podrán participar en el concurso chicos y chicas nacidos o residentes en Galicia de entre 10 y 18 años.

Los participantes podrán usar cualquier tipo de imagen, dibujo o fotografía originales, excepto las que tengan una naturaleza abiertamente racista, violenta, sexual o vexatoria (la organización del concurso se reserva el derecho de retirar las imágenes que considere inadecuadas). El meme deberá ser hecho por el participante y no tenerse empleado antes. No se aceptarán traducciones o plagios de otros memes, o fotos protegidas por derechos de autor. Cada participante podrá participar con un máximo de tres creaciones. 

Habrá dos modos de participación, bien a través de una publicación en su cuenta de Instagram, acompañada del hastag #RapazasNasTIC, o subir el meme a la página http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de las-chicas-en-las-tic/concurso/ indicando el nombre y dirección de correo de contacto. Los memes enviados a la página del concurso aparecerán publicados en la cuenta de Instagram https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/, y en la web del concurso aparecerá una galería interactiva con todas las imágenes que participan en el concurso.

El certamen comenzará el día 26 de abril y el plazo para presentar los memes finalizará el 17 de mayo a las 24:00 horas. El jurado estará compuesto por cinco personas, organizadoras del evento "Día de las Chicas en las TIC 2018" y pertenecientes o nominadas por el CPEIG y CESGA. El resultado será anunciado el día 18 de mayo, a través de la propia página del concurso, y mediante la cuenta de Instagram:  https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/. Habrá un primer premio, consistente en un kit de robótica, y tres accésit que recibirán una taza conmemorativa del "Día de las Chicas en las TIC 2018". Las bases del concurso están publicadas en http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de las-chicas-en-las-tic/concurso/.

 

Coloquio virtual entre mujeres emprendedoras del ámbito de las TIC y estudiantes de Secundaria

La jornada comenzará por la mañana, de 11:00 a 12:30 horas. Contará con un coloquio virtual donde varias mujeres emprendedoras gallegas "investigadoras y tecnólogas en el campo de las TIC" atenderán, desde las salas del CESGA, cualquier pregunta que formulen por streaming los estudiantes, desde sus centros de Secundaria y Primaria, sobre sus campos profesionales o razones personales que las llevaron a trabajar en el ámbito tecnológico-digital.

Las invitadas de este año son: María José Durán (Ingeniera en Informática y fundadora de la tienda en línea Potingues Verdes); Ana Cidre (Experta en desarrollo de tecnológica, organizadora de GDG Vigo y fundadora del grupo GalsTech. Tiene un grado en Bellas Artes y un máster en negocios y economía internacional. A día de hoy es una desarrolladora de software especializada en Angular); Susana Rey (Ingeniera en Telecomunicaciones, máster en Seguridad de la Información y responsable de Seguridad en R); Cecilia Grela (Ingeniera en Informática, máster en Consultoría en Software Libre y desarrolladora de programas en múltiples proyectos de I+D+i "entre otros, el ICT-Go-Girls!", así como formadora en TIC).

Por la tarde, el CPEIG organizará una master class sobre el videojuego Minecraft EDU, una plataforma de aprendizaje que permite mediante la construcción de proyectos colaborativos, el desarrollo de diversas habilidades en un entorno original, motivante y activo. Con una instrucción previa, los niños y niñas participantes aprenderán a escribir código y programar en la herramienta educativa con unos ejercicios de media hora de duración. 

El CPEIG y el CESGA son impulsores del proyecto europeo ICT-Go-Girls! (promoción del emprendimiento de las Chicas de Educación Secundaria a través de las TIC). La iniciativa se dirige a las Chicas de los primeros años de Secundaria para proporcionarles una imagen "más atractiva del mundo del emprendimiento tecnológico" y lograr así una mayor presencia femenina en el campo de las TIC.

25/04/201809:04
Cartel do evento.

O CPEIG e o CESGA convocan o I concurso de memes no que cada participante poderá presentar tres creacións orixinais

No Día Internacional das Rapazas nas TIC, que se conmemora o 26 de abril, o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impulsa e colabora co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) nunha xornada que se celebrará este xoves na sede do organismo en Santiago de Compostela (Avenida de Vigo s/n).

O evento de ámbito internacional foi creado para motivar ás novas xeracións de mozas, co fin de que consideren as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) como un ámbito axeitado para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  E en concreto esta actividade do CPEIG e o CESGA, "Día das Rapazas nas TIC 2018", diríxese a combater tendencias, prexuízos e estereotipos e incrementar a presenza feminina no ámbito profesional TIC galego, unha presenza sen a cal a sociedade dixital non dará avanzado nin progresado. A xornada tamén porá de relevo cifras inadmisibles, como por exemplo a que reflicte a porcentaxe profesional feminina no ámbito da creación de ferramentas e contidos dixitais, que é só do 9% actualmente.

 

Memes feitos con calquera tipo de imaxe, debuxo ou fotografía para Instagram

O CPEIG e CESGA convocan o I concurso de Memes “Rapazas e Tecnoloxía, unha actividade incluída no "Día das Rapazas nas TIC 2018" que ten por obxecto provocar a reflexión sobre o papel activo das rapazas e as mulleres no mundo tecnolóxico cunha linguaxe nova e divertida. Poderán participar no concurso rapaces e rapazas nados ou residentes en Galicia de entre 10 e 18 anos.

Os participantes poderán usar calquera tipo de imaxe, debuxo ou fotografía orixinais, excepto as que teñan unha natureza abertamente racista, violenta, sexual ou vexatoria (a organización do concurso resérvase o dereito de retirar as imaxes que considere inadecuadas). O meme deberá ser feito polo participante e non terse empregado antes. Non se aceptarán traducións ou plaxios doutros memes, ou fotos protexidas por dereitos de autor. Cada participante poderá participar cun máximo de tres creacións. 

Haberá dous modos de participación, ben a través dunha publicación na súa conta de Instagram, acompañada do hastag #RapazasNasTIC, ou subir o meme á páxina http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/concurso/ indicando o nome e dirección de correo de contacto. Os memes enviados á páxina do concurso aparecerán publicados na conta de Instagram https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/, e na web do concurso aparecerá unha galería interactiva con todas as imaxes que participan no concurso.

O certame comezará o día 26 de abril e o prazo para presentar os memes rematará o 17 de maio ás 24:00 horas. O xurado estará composto por cinco persoas, organizadoras do evento “Día das Rapazas nas TIC 2018” e pertencentes ou nomeadas polo CPEIG e CESGA. O resultado será anunciado o día 18 de maio, a través da propia páxina do concurso, e mediante a conta de Instagram:  https://www.instagram.com/elearningcesga.gal/. Haberá un primeiro premio, consistente nun kit de robótica, e tres accésit que recibirán unha cunca conmemorativa do “Día das Rapazas nas TIC 2018”. As bases do concurso están publicadas en http://www.ictgogirls.eu/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/concurso/.

 

Coloquio virtual entre mulleres emprendedoras do ámbito das TIC e estudantes de Secundaria

A xornada comezará pola mañá, de 11:00 a 12:30 horas. Contará cun coloquio virtual onde varias mulleres emprendedoras galegas –investigadoras e tecnólogas no eido das TIC– atenderán, desde as salas do CESGA, calquera pregunta que formulen por streaming os estudantes, desde os seus centros de Secundaria e Primaria, sobre os seus campos profesionais ou razóns persoais que as levaron a traballar no ámbito tecnolóxico-dixital.

As convidadas deste ano son: María José Durán (Enxeñeira en Informática e fundadora da tenda en liña Potingues Verdes); Ana Cidre (Experta en desenvolvemento de tecnolóxica, organizadora de GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech. Ten un grao en Belas Artes e un máster en negocios e economía internacional. A día de hoxe é unha desenvolvedora de software especializada en Angular); Susana Rey (Enxeñeira en Telecomunicacións, máster en Seguridade da Información e responsable de Seguridade en R); Cecilia Grela (Enxeñeira en Informática, máster en Consultoría en Software Libre e desenvolvedora de programas en múltiples proxectos de I+D+i –entre outros, o ICT-Go-Girls!–, así como formadora en TIC).

Pola tarde, o CPEIG organizará unha master class sobre o videoxogo Minecraft EDU, unha plataforma de aprendizaxe que permite mediante a construción de proxectos colaborativos o desenvolvemento de diversas habilidades nunha contorna orixina, motivante e activa. Cunha instrución previa, os nenos e nenas participantes aprenderán a escribir código e programar na ferramenta educativa cuns exercicios de media hora de duración. 

O CPEIG e CESGA son impulsores do proxecto europeo ICT-Go-Girls! (promoción do emprendemento das rapazas de Educación Secundaria a través das TIC). A iniciativa diríxese ás rapazas dos primeiros anos de Secundaria para proporcionarlles unha imaxe “máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico” e lograr así unha maior presenza feminina no eido das TIC.

24/04/201813:04
Clausura del Vodafone Connecting for Good Galicia.

Clausurada la segunda edición de Vodafone Connecting for Good Galicia

Hoy, ante la presencia de múltiples representantes de nuestras TIC más solidarias, se celebró en la Ciudad de la Cultura el acto de clausura de la segunda convocatoria del programa Vodafone Connecting for Good Galicia. La cita fue en la Ciudad de la Cultura en Santiago de Compostela y en su transcurso cogió nuevos impulsos (con vista a próximas ediciones) el principal objetivo del programa: impulsar nuevas herramientas y servicios para dar repuesta al mayor número de demandas de nuestras entidades sociales y de los colectivos en riesgo de exclusión social o tecnológica; al tiempo que se enriquecen los ámbitos de la salud, el bienestar o el envejecimiento saludable. De todo esto tratan, precisamente, la media docena de proyectos empresariales impulsados en la segunda edición de Vodafone Connecting for Good Galicia. 

En la cita participaron la directora de la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, y el conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quienes aseguraron que los seis proyectos que participaron en la convocatoria 2017-2018 son "el ejemplo de cómo la innovación se pone al servicio de las personas para mejorar su bienestar y calidad de vida con iniciativas que dan respuesta a retos sociales relacionados con la salud, el envejecimiento activo y la modernización de sectores con tecnologías facilitadoras". 

El conselleiro enmarcó esta iniciativa en el mapa de aceleradoras gallegas que están posibilitando el desarrollo de 600 proyectos con una inversión que supera los 18 millones de euros.

Como recordaremos, Connecting for Good Galicia viene de la mano de la Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone y la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia, la Agencia Gallega de Innovación (GAIN) y el Instituto Gallego de Promoción Económica (IGAPE). La finalidad del programa es "apoyar a aquellos emprendedores que contribuyan a la innovación social a través del impulso y uso de las Tecnologías de la Información y Comunicación, las TIC, en Galicia".

Los seis proyectos participantes están orientados a buscar soluciones tecnológicas la cuestiones vinculadas a la accesibilidad, a la creación y fabricación 4.0, a la formación interactiva, a la mediación social, a la tecnología biométrica y a la contribución ambiental.

Son los siguientes:

  • 3DAcoustic, que proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D, consiguiendo una reducción en los costes, tiempos de producción, y una mejor experiencia de uso gracias a un producto propio e innovador totalmente ajustado a cada persona.
  • It!, una empresa de creación y fabricación 4.0, que ofrece servicios integrales de diseño, modelado 3D, fabricación de nuevos productos e ingeniería aplicada. It! tiene como objetivo acercar y popularizar el uso de la tecnología de impresión 3D en todos los sectores mediante su espacio de venta en línea It!Market y su FabLab en A Coruña It!Lab.
  • Formadox. Una plataforma de formación interactiva en tecnología que acerca al usuario la experiencia de la formación presencial de los talleres o los laboratorios, mediante vídeos, simuladores y kits didácticos. La formación que se ofrece es la relacionada, entre otras materias, con el Internet de las cosas, la Industria 4.0, la robótica, la impresión 3D, las técnicas de fabricación digital, la visión artificial, la realidad virtual y aumentada.
  • Mediación Móvil. Se trata de un proyecto que busca aunar nuevas tecnologías y planes integrales de mejora de la convivencia en cuatro ámbitos (educativo, familiar, empresarial y deportivo) con el objetivo de proveer a todo tipo de personas de una herramienta de prevención y resolución de conflictos accesible, económica, personalizada y profesional.
  • Sense(x), un dispositivo biométrico que permite la toma de datos y parámetros, tanto fisiológicos como alimentarios, mediante sensores para el análisis pormenorizado de los alimentos para ingerir. Además, gracias a un software específico, integra el sensor con diferentes dispositivos, lo que posibilita obtener estadísticas detalladas de los diferentes sensores, análisis de uso, e incluso compartir resultados en una red social.
  • Tapper. Consiste en una aplicación móvil que contribuye a reducir el desecho alimentario. Gracias a Tapper, los establecimientos pueden publicar ofertas de productos cerca del fin de su vida útil, que los usuarios pueden adquirir a un precio rebajado.
24/04/201813:04
Clausura do Vodafone Connecting for Good Galicia.

Clausurada a segunda edición de Vodafone Connecting for Good Galicia

Hoxe, perante a presenza de múltiples representantes das nosas TIC máis solidarias, celebrouse na Cidade da Cultura o acto de clausura da segunda convocatoria do programa Vodafone Connecting for Good Galicia. A cita foi na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e no seu transcurso colleu novos azos (con vistas a vindeiras edicións) o principal obxectivo do programa: impulsar novas ferramentas e servizos para dar reposta ao meirande número de demandas das nosas entidades sociais e dos colectivos en risco de exclusión social ou tecnolóxica; ao tempo que se enriquecen os ámbitos da saúde, o benestar ou o envellecemento saudable. De todo isto tratan, precisamente, a media ducia de proxectos empresariais impulsados na segunda edición de Vodafone Connecting for Good Galicia. 

Na cita participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quen aseguraron que os seis proxectos que participaron na convocatoria 2017-2018 son “o exemplo de como a innovación ponse ao servizo das persoas para mellorar o seu benestar e calidade de vida con iniciativas que dan resposta a retos sociais relacionados coa saúde, o envellecemento activo e a modernización de sectores con tecnoloxías facilitadoras”. 

O conselleiro enmarcou esta iniciativa no mapa de aceleradoras galegas que están posibilitando o desenvolvemento de 600 proxectos cun investimento que supera os 18 millóns de euros.

Como lembraremos, Connecting for Good Galicia vén da man da Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A finalidade do programa é “apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación social a través do impulso e uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación, as TIC, en Galicia”.

Os seis proxectos devanditos participantes están orientados a buscar solucións tecnolóxicas a cuestións vencellladas á accesibilidade, á creación e fabricación 4.0, á formación interactiva, á mediación social, á tecnoloxía biométrica e á contribución ambiental.
Son os seguintes:

  • 3DAcoustic, que proporciona audífonos personalizados con moldes impresos en 3D, conseguindo unha redución nos custos, tempos de produción, e unha mellor experiencia de uso grazas a un produto propio e innovador totalmente axustado a cada persoa.
  • It!, unha empresa de creación e fabricación 4.0, que ofrece servizos integrais de deseño, modelado 3D, fabricación de novos produtos e enxeñería aplicada. It! ten como obxectivo achegar e popularizar o uso da tecnoloxía de impresión 3D en todos os sectores mediante o seu espazo de venda en liña It!Market e o seu FabLab na Coruña It!Lab.
  • Formadox. Unha plataforma de formación interactiva en tecnoloxía que achega ao usuario a experiencia da formación presencial dos talleres ou os laboratorios, mediante vídeos, simuladores e kits didácticos. A formación que se ofrece é a relacionada, entre outras materias, co Internet das cousas, a Industria 4.0, a robótica, a impresión 3D, as técnicas de fabricación dixital, a visión artificial, a realidade virtual e aumentada.
  • Mediación Móbil. Trátase dun proxecto que busca axuntar novas tecnoloxías e plans integrais de mellora da convivencia en catro ámbitos (educativo, familiar, empresarial e deportivo) co obxectivo de prover a todo tipo de persoas dunha ferramenta de prevención e resolución de conflitos accesible, económica, personalizada e profesional.
  • Sense(x), un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetros, tanto fisiolóxicos como alimentarios, mediante sensores para a análise pormenorizada dos alimentos para inxerir. Ademais, grazas a un software específico, integra o sensor con diferentes dispositivos, o que posibilita para obter estatísticas detalladas dos diferentes sensores, análises de uso, e mesmo compartir resultados nunha rede social.
  • Tapper. Consiste nunha aplicación móbil que contribúe a reducir o refugallo alimentario. Grazas a Tapper, os establecementos poden publicar ofertas de produtos preto do fin da súa vida útil, que os usuarios poden adquirir a un prezo rebaixado.
23/04/201809:04
Alberto Núñez Feijóo y Pedro Duque junto a chavales en el STEMlab Galicia.

Galicia entrará en la red de oficinas de educación de la Agencia Espacial Europea para fomentar las vocaciones científicas

  • Esta delegación se abrirá en los próximos meses de la mano de la Xunta y de la Universidad de Vigo
  • Feijóo destaca que el objetivo de cualquier comunidad educativa es ofrecer a los alumnos la oportunidad de ser lo que quieran ser
  • El titular del Gobierno gallego destaca también la oportunidad que supone Stemlab, la primera feria que se celebra en Galicia de estas características y en la que participarán cerca de 3.000 alumnos
  • Señala el objetivo de que al final de 2020 todos los alumnos de Galicia puedan formarse en las materias STEM
  • El presidente de la Xunta destaca que para conseguir que los alumnos hagan realidad su vocación "necesitamos a profesores comprometidos, sin profesores no hay educación"

 

Galicia entrará en la red de oficinas de educación de la Agencia Espacial Europea (ESA) con una delegación para el noroeste de España, que se abrirá en los próximos meses de la mano de la Xunta y de la Universidad de Vigo, con el objetivo de fomentar las vocaciones científicas.

Con esta iniciativa la Comunidad sumará los recursos de la ESA a la vocación y la entrega del profesorado y al potencial del alumnado. No en vano esta delegación significará mejor formación para los profesores; una puerta abierta para que los chavales participen en los programas y concursos de la agencia y la traducción de sus materiales educativos al gallego.

El presidente de la Xunta participó en la inauguración de la jornada educativa Stemlab Galicia, donde destacó la oportunidad que supone este evento, la primera feria que se celebra en Galicia de estas características y en la que participarán cerca de 3.000 alumnos y 18 centros, para hacer más visibles los proyectos de ciencia y tecnología, la creatividad y la capacidad de innovar de la comunidad escolar gallega. Feijóo destacó que el objetivo de cualquier comunidad educativa es ofrecer a los alumnos a oportunidad de ser lo que quieran ser "en eso consiste la educación, en poder realizar el sueño que tenemos".

Además, agradeció la presencia en el evento del astronauta Pedro Duque, que estuvo en el transbordador Discovery y en la Estación Espacial Internacional, que está hoy "con los niños y las niñas gallegos que se están formando y que serán, sin duda, los líderes de la Galicia de dentro de muy poco tiempo".

Al respecto, Feijóo recordó que durante el curso pasado, más de 5.000 profesores se formaron en tecnología y más de 2.200 en robótica (programación en Arduino y Raspberry e impresión 3D). Más de 5.000 chavales también se forman en la actualidad en robótica, programación o identidad digital; y 22.000 alumnos disponen ya de un kit de robótica, de impresión 3D y de computación maker. Feijóo destacó que "nuestro compromiso es que de aquí hasta 2020 vamos a seguir avanzando en el ámbito de la robótica, en el ámbito de la programación, de la identidad digital y de la impresión 3D" y dijo que "de aquí al año 2020 tenemos una estrategia: que en Galicia todos los alumnos, todas las alumnas se puedan formar en robótica y en programación".

En esta línea, la Xunta está sumando esfuerzos para multiplicar oportunidades, con más plurilingüismo, con más apoyo a las necesidades educativas especiales y con más tecnología al alcance del alumnado, a través de nuevos contenidos para el libro digital, ordenadores portátiles y mejor conexión a internet.

En los próximos meses la Xunta seguirá comprometida con el impulso de las vocaciones científico-tecnológicas en la educación pública gallega, con iniciativas como la organización de la Semana STEM, que se desarrollará totalmente en inglés; la creación de una red de centros con especial interés en estas materias; y el desarrollo de los Espacios Maker, donde los estudiantes puedan desarrollar sus capacidades innovadoras.

Además, la creación del Bachillerato de Excelencia en ciencias y tecnología incorporará una materia extracurricular de este área y finalizará con la presentación de un trabajo de investigación.

El presidente de la Xunta concluyó poniendo en valor el trabajo y el compromiso de todo el personal educativo gallego que acompañan, día a día, a los alumnos para que hagan realidad su vocación. "Para conseguirlo necesitamos a profesores comprometidos, sin profesores no hay educación", aseveró.

23/04/201809:04
Alberto Núñez Feijóo e Pedro Duque xunto a rapaces no STEMlab Galicia.

Galicia entrará na rede de oficinas de educación da Axencia Espacial Europea para fomentar as vocacións científicas

  • Esta delegación abrirase nos vindeiros meses da man da Xunta e da Universidade de Vigo
  • Feijóo destaca que o obxectivo de calquera comunidade educativa é ofrecer aos alumnos a oportunidade de ser o que queiran ser
  • O titular do Goberno galego destaca tamén a oportunidade que supón Stemlab, a primeira feira que se celebra en Galicia destas características e na que participarán preto de 3.000 alumnos
  • Sinala o obxectivo de que ao final de 2020 todos os alumnos de Galicia poidan formarse nas materias STEM
  • O presidente da Xunta salienta que para conseguir que os alumnos fagan realidade a súa vocación “necesitamos a profesores comprometidos, sen profesores non hai educación”

 

Galicia entrará na rede de oficinas de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) cunha delegación para o noroeste de España, que se abrirá nos vindeiros meses da man da Xunta e da Universidade de Vigo, e co obxectivo de fomentar as vocacións científicas.

Con esta iniciativa a Comunidade sumará os recursos da ESA á vocación e a entrega do profesorado e ao potencial do alumnado. Non en van esta delegación significará mellor formación para os profesores; unha porta aberta para que os rapaces participen nos programas e concursos da axencia e a tradución dos seus materiais educativos ao galego.

O presidente da Xunta participou na inauguración da xornada educativa Stemlab Galicia, onde destacou a oportunidade que supón este evento, a primeira feira que se celebra en Galicia destas características e na que participarán preto de 3.000 alumnos e 18 centros, para facer máis visibles os proxectos de ciencia e tecnoloxía, a creatividade e a capacidade de innovar da comunidade escolar galega. Feijóo destacou que o obxectivo de calquera comunidade educativa é ofrecer aos alumnos a oportunidade de ser o que queiran ser “niso consiste a educación, en poder realizar o soño que temos”.

Ademais, agradeceu a presenza no evento do astronauta Pedro Duque, que estivo no transbordador Discovery e na Estación Espacial Internacional, que está hoxe “cos nenos e as nenas galegos que se están formando e que serán, sen dúbida, os líderes da Galicia de dentro de moi pouco tempo”.

Ao respecto, Feijóo recordou que durante o curso pasado, máis de 5.000 profesores se formaron en tecnoloxía e máis de 2.200 en robótica (programación en Arduino e Raspberry e impresión 3D). Máis de 5.000 rapaces tamén se forman na actualidade en robótica, programación ou identidade dixital; e 22.000 alumnos dispoñen xa dun kit de robótica, de impresión 3D e de computación maker. Feijóo destacou que “o noso compromiso é que de aquí ata o 2020 vamos a seguir avanzando no ámbito da robótica, no ámbito da programación, da identidade dixital e da impresión 3D” e dixo que “de aquí ao ano 2020 temos unha estratexia: que en Galicia todos os alumnos, todas as alumnas se poidan formar en robótica e en programación”.

Nesta liña, a Xunta está a sumar esforzos para multiplicar oportunidades, con máis plurilingüismo, con máis apoio ás necesidades educativas especiais e con máis tecnoloxía ao alcance do alumnado, a través de novos contidos para o libro dixital, ordenadores portátiles e mellor conexión á internet.

Nos vindeiros meses a Xunta seguirá comprometida co impulso das vocacións científico-tecnolóxicas na educación pública galega, con iniciativas como a organización da Semana STEM, que se desenvolverá totalmente en inglés; a creación dunha rede de centros con especial interese nestas materias; e o desenvolvemento dos Espazos Maker, onde os estudantes poidan desenvolver a súas capacidades innovadoras.

Ademais, a creación do Bacharelato de Excelencia en ciencias e tecnoloxía incorporará unha materia extracurricular desta área e rematará coa presentación dun traballo de investigación.

O presidente da Xunta concluíu poñendo en valor o traballo e o compromiso de todo o persoal educativo galego que acompañan, día a día, aos alumnos para que fagan realidade a súa vocación. “Para conseguilo necesitamos a profesores comprometidos, sen profesores non hai educación”, aseverou.

Blog Xente Dixital

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

(Galego) 4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Vie 24 Sep

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

LEER MÁS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán la luz próximamente

Mar 21 Sep

La aplicación de mensajería Whatsapp es una de las apps más utilizadas a la hora de comunicarnos: hablar con nuestros amigos y familiares, organizar tareas con nuestros compañeros de trabajo o establecer citas médicas es mucho más fácil a través de esta aplicación. Whatsapp es consciente del nivel...

LEER MÁS

Lun 28 Jun