main content

main content
05/10/201712:10
Cartel do programa.

A Fundación Galicia Innova fomenta a empregabilidade nas nosas cidades pola vía das TIC

As nosas cidades (Lugo, Ferrol, Santiago e Vigo) a Fundación Galicia Innova queren tirar proveito das novas ferramentas de comunicación, formación e información para mellorar a empregabilidade da xente nova. Isto estase a traducir en iniciativas como a presentada onte no consistorio ferrolán, da man da concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, e de Marta Boedo, da Fundación Galicia Innova. Trátase dun programa de formación e acompañamento para favorecer a inserción laboral xuvenil, o programa PROEMGA 2, en palabras de Ruiz e Boedo “unha oportunidade de balde para que 20 mozas e mozas do municipio melloren as súas oportunidades”. O programa, que é de balde, consta de catro fases de capacitación. Boa parte dos seus contidos apóianse nas TIC (deseño de solucións, comunicación e mercadotecnia dixital, profesionais 2.0). 

A segunda edición do programa PROEMGA vaise desenvolver a un tempo en Lugo, Ferrol, Santiago e Vigo. O obxectivo xeral da iniciativa (aplicable a todas as ditas urbes), é “o de mellorar a inclusión ao mercado laboral de 80 mozos menores de 30 anos destas, arredor de 20 alumnos por cada concello, que non se atopan empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación e que estean rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, sinalaron Ruiz e Boedo, engadindo este mesmo programa “xa veu funcionando con boa acollida e excelentes resultados no ano 2016, con 56,14% de empregabilidade entre os participantes”. 

Os programas comezarán coa fase de motivación a finais do mes de outubro, mediante unha xornada por localidade, de 4 horas de duración, onde se guiará ás persoas asistentes en reforzar aspectos persoais como a confianza ou a motivación para afrontar novos retos, de maneira complementaria cunha introdución ás metodoloxías para a identificación de oportunidades emprendedoras. A principios do mes de novembro comezaría a fase de formación grupal presencial en cada unha das localidades cuxa duración será de 40 horas a desenvolver en 7 días, cuxo temario será o seguinte:

  • Habilidades (6 horas)
  • Deseño de Servizos e Solucións (6h)
  • Modelo de negocio (6h)
  • Comunicación e Mercadotecnia Dixital (6h)
  • Plan de Negocio (12h)
  • O Profesional 2.0 (4h)

Unha vez finalizada esta fase comezaríanse coas titorías individualizadas que se compoñen de 8 horas presenciais e 8 horas online por alumno, onde os titores complementarán a actividade docente grupal reforzando o vínculo titor-estudante.

Por último, a partir do mes de xaneiro de 2018, comezará a fase de mentoring, composta por unha fase de asesoramento en liña e outra presencial.

05/10/201708:10
Cartel de las jornadas.

La Casa de las Campanas ofrecerá cursos de recursos web, gestión de redes sociales y Photoshop

El aula Tecnológica de la Casa de las Campanas (Campus de Pontevedra) acaba de presentar su programa formativo para lo que resta de año, dirigido, una vez más, tanto a la comunidad universitaria como al conjunto de la ciudadanía. El abanico de temáticas de los cursos será bastante variado: habrá de diseño web, de tratamiento de imágenes y de gestión de las redes sociales. Además, se ofrecen nuevas ediciones de algunos de los cursos que más interés despertaron en años anteriores y a los que se suma como novedad el taller Iniciación a los recursos web para la educación, que Isaac Gómez Figueroa impartirá entre el 20 de noviembre y el 5 de diciembre y que se dirige a mostrar la importancia que tienen las TIC en la enseñanza e identificar una serie de herramientas web que pueden ser útiles en este campo.

Con un límite de 20 plazas, que se cubrirán por orden de inscripción, la matrícula en estas actividades, de carácter gratuito, se abrirá en los próximos días en la plataforma Bubela.

El programa de cursos, de 12 horas de duración (divididas en cuatro o seis sesiones), echa a caminar el 17 de octubre con Introducción y fundamentos de la maquetación frontend con CSS. Impartido por el diseñador e ilustrador Alberto García, este taller dividido en cuatro sesiones, se dirige a dotar al alumnado de los fundamentos básicos para poder adaptar la apariencia de las webs a diferentes dispositivos de visualización a través del maquetado de documentos por medio de hojas de estilo CSS (para esta actividad se recomienda que el alumnado posea conocimientos de lenguaje HTML).

García Ariza será asimismo el responsable de Introducción al retoque fotográfico con Adobe Photoshop, que se desarrollará en cuatro sesiones, los días 20 y 27 de octubre y 3 y 10 de noviembre. Sin necesidad de conocimientos previos, este curso “busca mostrar al alumnado como realizar manipulaciones básicas de edición y retoque digital, así como a gestionar de forma eficiente su banco de imágenes personales”, explican los responsables del aula Tecnológica, que añaden que entre el 18 de octubre y el 9 de noviembre, el aula Tecnológica acogerá, en seis sesiones, el curso Introducción al community management, en el que la profesional de este campo Marta Crespo Cruces profundizará con el alumnado en el conocimiento de las principales redes sociales y del entorno 2.0, “con el propósito de acercar a los participantes a las herramientas necesarias para su seguimiento, medición y para su gestión estratégica dentro del plan de comunicación y mercadotecnia de una empresa”.

05/10/201708:10
Cartel das xornadas.

A Casa das Campás achegará cursos de recursos web, xestión de redes sociais e Photoshop

A Aula Tecnolóxica da Casa das Campás (Campus de Pontevedra) vén de presentar o seu programa formativo para o que resta de ano, dirixido, unha vez máis, tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía. O abano de temáticas dos cursos será variado abondo: haberá de deseño web, de tratamento de imaxes e de xestión das redes sociais. Ademais, achéganse novas edicións dalgúns dos cursos que máis interese espertaron en anos anteriores e aos que se suma como novidade o taller Iniciación aos recursos web para a educación, que Isaac Gómez Figueroa impartirá entre o 20 de novembro e o 5 de decembro e que se dirixe a mostrar a importancia que teñen as TIC no ensino e identificar unha serie de ferramentas web que poden ser útiles neste eido. 

Cun límite de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, a matrícula nestas actividades, de carácter gratuíto, abrirase nos vindeiros días na plataforma Bubela.

O programa de cursos, de 12 horas de duración (divididas en catro ou seis sesións), bota a camiñar o 17 de outubro con Introdución e fundamentos da maquetación frontend con CSS. Impartido polo deseñador e ilustrador Alberto García, este obradoiro dividido en catro sesións, diríxese a dotar ao alumnado dos fundamentos básicos para poder adaptar a aparencia das webs a diferentes dispositivos de visualización a través do maquetado de documentos por medio de follas de estilo CSS (para esta actividade recoméndase que o alumnado posúa coñecementos de linguaxe HTML).

García Ariza será así mesmo o responsable de Introdución ao retoque fotográfico con Adobe Photoshop, que se desenvolverá en catro sesións, os días 20 e 27 de outubro e 3 e 10 de novembro. Sen necesidade de coñecementos previos, este curso “busca amosar ao alumnado como realizar manipulacións básicas de edición e retoque dixital, así como a xestionar de forma eficiente o seu banco de imaxes persoais”, explican os responsables da Aula Tecnolóxica, que engaden que entre o 18 de outubro e o 9 de novembro, a Aula Tecnolóxica acollerá, en seis sesións, o curso Introdución ao community management, no que a profesional deste eido Marta Crespo Cruces afondará co alumnado no coñecemento das principais redes sociais e da contorna 2.0, “co propósito de achegar aos participantes ás ferramentas necesarias para o se seguimento, medición e para a súa xestión estratéxica dentro do plan de comunicación e mercadotecnia dunha empresa”.

05/10/201707:10
Cartel del evento.

Los Amigus Labs convocan a makers en A Pontes para dar forma a uno pantógrafo CNC

El sábado 14 de octubre el programa de talleres Amigus Labs, el proyecto inventivo y Maker de la Asociación Informática Amigus, celebra una jornada de trabajo en el Hogar de Endesa de As Pontes centrada en la creación de una de las máquinas con que se dotará el Fab Lab de la dicha entidad, se trata del pantógrafo CNC. Así, en dicho encuentro se tratarán temas como la Industria 4.0, la democratización de la fabricación, o el movimiento Maker, frente al modelo actual de modernización de la industria (robotización y automatización con una mayor productividad pero un mayor desempleo) y ofreciendo una alternativa (la alternativa Maker) que, según explican desde Amigus, favorece el autoempleo y la fabricación personalizada gracias al conocimiento abierto y cooperativo en materia de ingeniería, electrónica, robótica, impresión 3D, herramientas CNC, y actividades más tradicionales, como la metalurgia o la artesanía.

En este contexto, durante el laboratorio Amigus Lab del 14 de octubre se creará la que sería la primera máquina colaborativa de la asociación, un Pantógrafo CNC con un área de trabajo de 1300 x 950 x 300 mm, que “permitirá comenzar a producir piezas en madera, contrachapados, MDF, plásticos, espumas, acetatos, PVC, policarbonato, poliestireno, poliuretano, fibra de vidrio o de carbono, entre otros materiales”, señalan desde la asociación con sede propia en As Pontes. De manera paralela, se activará una zona de impresión 3D, donde los usuarios podrán conocer a fondo como construir su propia impresora, qué materias se necesitan, cómo funciona o cómo preparar los modelos 3D para imprimir. Para esta tarea se contará con la ayuda de Álvaro Rey, de MakerGal. Amigus también recuerda que habrá un espacio específico para los pequeños, con una zona Amigus Labs Kids, donde los niños podrán asistir a un curso de microsoldadura con estaño y crear por sí mismos coches autónomos. Todas las actividades se realizarán de 10:00 a 20:00, haciendo una parada para comer de 14:00 a 16:00. La inscripción en la actividad es gratuita, y el plazo finaliza el 12 de octubre. Podemos apuntarnos enviando un correo electrónico a amigus@amiguslabs.org.

05/10/201707:10
Cartel do evento.

Os Amigus Labs convocan argalleiros nas Pontes para dar forma a un pantógrafo CNC

O sábado 14 de outubro o programa de obradoiros Amigus Labs, o proxecto argalleiro e Maker da Asociación Informática Amigus, celebra unha xornada de traballo no Lar de Endesa das Pontes centrada na creación dunha das máquinas con que se dotará o Fab Lab da dita entidade, trátase do pantógrafo CNC. Así, no dito encontro trataranse temas coma a Industria 4.0, a democratización da fabricación, ou o movemento Maker, fronte ao modelo actual de modernización da industria (robotización e automatización cun maior produtividade pero un maior desemprego) e achegando unha alternativa (a alternativa Maker) que, segundo explican dende Amigus, favorece o autoemprego e a fabricación personalizada grazas ao coñecemento aberto e cooperativo en materia de enxeñería, electrónica, robótica, impresión 3D, ferramentas CNC, e actividades máis tradicionais, como a metalurxia ou a artesanía.

Neste contexto, durante o laboratorio Amigus Lab do 14 de outubro crearase a que sería a primeira máquina colaborativa da asociación, un Pantógrafo CNC cunha área de traballo de 1300 x 950 x 300 mm, que “permitirá comezar a producir pezas en madeira, contrachapados, MDF, plásticos, escumas, acetatos, PVC, policarbonato, poliestireno, poliuretano, fibra de vidro ou de carbono, entre outros materiais”, sinalan dende a asociación con sede de seu nas Pontes. De maneira paralela, activarase unha zona de impresión 3D, onde os usuarios poderán coñecer a fondo como construír a súa propia impresora, que materias se precisan, como funciona ou como preparar os modelos 3D para imprimir. Para esta tarefa contarase coa axuda de Álvaro Rey, de MakerGal. Amigus tamén lembra que haberá un espazo específico para as crianzas, cunha zona Amigus Labs Kids, onde os nenos poderán asistir a un curso de microsoldadura con estaño e crear por si mesmos coches autónomos. Tódalas actividades realizaranse de 10:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. A inscrición na actividade é de balde, e o prazo remata o 12 de outubro. Podemos apuntarnos enviando un correo electrónico a amigus@amiguslabs.org.

04/10/201709:10
Cartel del evento.

El CPETIG nos lleva de la mano a los retos de la informática judicial y de la inteligencia artificial

Este 4 de octubre toca hablar de nuevas tecnologías y de todos aquellos puntos en los que éstas se tocan con los ámbitos judicial, policial y legal. ¿El motivo? La celebración de la séptima Jornada de Informática Judicial, en la Ciudad de la Cultura de Santiago y de la mano (nuevamente) del Colegio Profesional de Ingeniería Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración con la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA). Los temas a tratar serán múltiples y variados pero, según nos hizo saber recientemente el colegio que preside Marcos Mata, se hará especial hincapié en la inteligencia artificial, un ámbito en proceso de crecimiento cuyas infinitas contribuciones para mejorar nuestra vida personal y empresarial precisarán, sin remedio, de medidas acordes de protección. Tanto de los datos generados, como de los sistemas, como de nosotros mismos los usuarios. 

La cita será inaugurada a las 9.30 horas por Mar Pereira, directora de la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia, AMTEGA; acompañada por el director general de Justicia, Juan José Martín; y el presidente del Colegio de Ingeniería Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, Marcos Mata. La edición de este año, convocada bajo el título Ciberseguridad, privacidad e inteligencia artificial, adopta el nombre propio de #IURISTICGAL17. Bajo este epígrafe y este nombre, la organización busca principalmente “singularizar el evento”, una cita “muy consolidada” a nivel gallego y estatal y que sirve de punto de referencia para la reflexión y el debate acerca del rumbo que deberá seguir la lucha contra el cibercrimen. 

Según nos cuenta el CPETIG, la jornada reunirá un salientable panel de ponentes expertos en el ámbito de la abogacía, la ingeniería informática, la magistratura y las fuerzas de seguridad del Estado, que “darán una visión integral de la ciberseguridad y de la revolución que supone la inteligencia artificial en la aplicación de la ley”. 

En un plano más detallado, se hará hincapié en cuestiones innovadoras como la conducción autónoma o las fábricas plenamente automatizadas, y en cómo estos escenarios están siendo percibidos por la sociedad de una manera ambivalente, a la vez como oportunidad y como amenaza, “especialmente por la inevitable destrucción de puestos de trabajo que serán copados progresivamente por robots inteligentes”. En palabras de la organización de la jornada, esta “compleja realidad abre numerosas exigencias en el campo del derecho, de manera que los profesionales de la justicia están obligados a conocer, interpretar y aplicar estas tecnologías para dar una respuesta acorde a los crecientes requerimientos”. En un plano más concreto y metiéndonos ya en el programa, señalar que la inteligencia artificial en la interpretación y en la aplicación de la ley, mediante un juez robot, será el tema de apertura de la VII Jornada de Informática Judicial, con un relatorio ofrecido por Alejandro Sánchez del Campo Redonet, regulatory counsel en Telefónica Digital.

Después, Ofelia Tejerina, abogada de la Asociación de Internautas y miembro del Grupo de Trabajo sobre Derechos Digitales de la Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital, expondrá una charla sobre privacidad y derechos fundamentales. La ciberseguridad y el peritaje informático centrarán la tercera de las charlas, ofrecido por Pilar Vila, perita informática en Forensic & Security, seguido de una mesa redonda sobre Privacidad y justicia ante un mundo plenamente digital, moderada por Víctor Salgado, abogado TIC y director técnico de la jornada.

La sesión de tarde comenzará con la exposición de Juan Antonio Frago, fiscal del Grupo de Delitos Económicos en A Coruña, titulada e-Justicia, ¿mito o realidad?, para dar paso después a Manuel Guerra, analista forense en la Sección Técnica de la Unidad Central de Investigación Tecnológica, UIT, de la Policía Nacional, que dará la charla titulada La ciberdelincuencia desde el otro punto de vista

Como punto y final, #IURISTICGAL17 finalizará con una mesa redonda sobre Efectividad en la persecución digital de delitos y su validez probatoria en la que actuará como ponente y moderador Eloy Velasco, magistrado de la Sala de Apelación de la Audiencia Nacional. 
 

Programa de actividades
Ciberseguridad, privacidad e inteligencia artificial 

  • 9:00 Recepción y Entrega del Material
  • 9:00 - 9:30 Recepción de los asistentes y entrega del material correspondiente a la VII Jornada Judicial. 
  • 9:30 Presentación VII Jornada Judicial
  • 10:00 El juez robot: la inteligencia artificial en la interpretación y aplicación de la ley
  • 10:50 Privacidad y derechos fundamentales en la Sociedad de la Información
  • 11:40 Descanso Café 
  • 12:10 Ciberseguridad y peritaje informático
  • 13:00 Mesa Redonda I 
  • 14:00 Almuerzo 
  • 16:00 La e-justicia, ¿mito o realidad? - Ciberdelincuencia desde otro punto de vista
  • 17:40 Mesa Redonda II 
  • 18:45 Clausura
04/10/201708:10
Cartel do evento.

O CPETIG lévanos da man aos retos da informática xudicial e da intelixencia artificial

Este 4 de outubro toca falar de novas tecnoloxías e de todos aqueles puntos nos que estas se tocan cos ámbitos xudicial, policial e legal. O motivo? A celebración da sétima Xornada de Informática Xudicial, na Cidade da Cultura de Santiago e da man (novamente) do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Os temas a tratar serán múltiples e variados pero, segundo nos fixo saber recentemente o colexio que preside Marcos Mata, farase especial fincapé na intelixencia artificial, un ámbito en proceso de medre cuxas infinitas contribucións para mellorar a nosa vida persoal e empresarial precisarán, sen remedio, de medidas acordes de protección. Tanto dos datos xerados, como dos sistemas como de nós mesmos os usuarios. 

A cita será inaugurada ás 9.30 horas por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA; acompañada polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín; e o presidente do Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, Marcos Mata. A edición deste ano, convocada baixo o título Ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial, adopta o nome propio de #IURISTICGAL17. Baixo este epígrafe e este nome, a organización busca principalmente “singularizar o evento”, unha cita “moi consolidada” a nivel galego e estatal e que serve de punto de referencia para a reflexión e o debate acerca dos rumbos que debera seguira loita contra o cibercrime. 

Segundo nos conta o CPETIG, a xornada reunirá un salientable panel de relatoras/es expertas/os do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática, a maxistratura e as forzas de seguridade do Estado, que “darán unha visión integral da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei”. 

Nun plano máis detallado, farase fincapé en cuestións innovadoras como a condución autónoma ou as fábricas plenamente automatizadas, e en como estes escenarios están a ser percibidos pola sociedade dun xeito ambivalente, á vez como oportunidade e como ameaza, “especialmente pola inevitable destrución de postos de traballo que serán copados progresivamente por robots intelixentes”. En palabras da organización da xornada, esta “complexa realidade abre numerosas esixencias no eido do dereito, de xeito que os profesionais da xustiza están obrigados a coñecer, interpretar e aplicar estas tecnoloxías para dar unha resposta acorde aos crecentes requirimentos”. Nun plano máis concreto e meténdonos xa no programa, sinalar que a intelixencia artificial na interpretación e na aplicación da lei, mediante un xuíz robot, será o tema de apertura da VII Xornada de Informática Xudicial, cun relatorio ofrecido por Alejandro Sánchez del Campo Redonet, regulatory counsel en Telefónica Digital.

Despois, Ofelia Tejerina, avogada da Asociación de Internautas e membro do Grupo de Traballo sobre Dereitos Dixitais da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital, exporá un relatorio sobre privacidade e dereitos fundamentais. A ciberseguridade e a peritaxe informática centrarán o terceiro dos relatorios, ofrecido por Pilar Vila, perita informática en Forensic &Security, seguido dunha mesa redonda sobre Privacidade e xustiza ante un mundo plenamente dixital, moderada por Víctor Salgado, avogado TIC e director técnico da xornada.

A sesión de tarde comezará coa exposición de Juan Antonio Frago, fiscal do Grupo de Delitos Económicos en A Coruña, titulada e-Xustiza, mito ou realidade?, para dar paso despois a Manuel Guerra, analista forense na Sección Técnica da Unidade Central de Investigación Tecnolóxica, UIT, da Policía Nacional, que exporá o relatorio titulado A ciberdelincuencia desde o outro punto de vista

Como punto e final, #IURISTICGAL17 rematará cunha mesa redonda sobre Efectividade na persecución dixital de delitos e a súa validez probatoria na que actuará como relator e moderador Eloy Velasco, maxistrado da Sala de Apelación da Audiencia Nacional. 
 

Programa de actividades
Ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial 

  • 9:00 Recepción e Entrega do Material
  • 9:00 - 9:30 Recepción dos asistentes e entrega do material correspondente á VII Xornada Xudicial. 
  • 9:30 Presentación VII Xornada Xudicial
  • 10:00 O xuíz robot: a intelixencia artificial na interpretación e aplicación da lei
  • 10:50 Privacidade e dereitos fundamentais na Sociedade da Información
  • 11:40 Descanso Café 
  • 12:10 Ciberseguridade e peritaxe informática
  • 13:00 Mesa Redonda I 
  • 14:00 Xantar 
  • 16:00 A e-xustiza, mito ou realidade? - Ciberdelincuencia desde outro punto de vista
  • 17:40 Mesa Redonda II 
  • 18:45 Clausura
04/10/201708:10
Cartel de la jornada.

Xeopesca nos invita a iniciar proyectos de hardware libre

El próximo sábado 14 de octubre la asociación Xeopesca nos va a ofrecer una cita para compartir conocimiento y habilidades alrededor del hardware libre. El encuentro será nuevamente en el Centro Sociocultural de Caramoniña de Santiago, emplazamiento (también) de las más recientes actividades de divulgación de Xeopesca. Uno de los objetivo de esta cita (Biblioteca de Hardware Libre) será, en palabras de la organización, ayudarnos a que iniciemos proyectos con tecnologías sin barreras, abiertas y cien por cien disponibles. 

Con esta finalidad, entre las 10:00 y las 13:30 horas se llevará a cabo un servicio de préstamo de placas Arduino y Raspberry con el objetivo de que “profundicemos en su aprendizaje y podamos colaborar con la comunidad que apoya y saca provecho de estas tecnologías”. Según nos cuentan desde Xeopesca, para participar en el taller necesitaremos traer nuestro ordenador portátil con su cargador y, previamente, inscribirnos en la actividad en la dirección específica habilitada

Esta cita del 14 de octubre forma parte del programa de acciones que la asociación Xeopesca realiza en el marco del convenio de colaboración firmado con la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA), e incluidas en el Plan de Acción de Software Libre 2017 de la Xunta de Galicia.

04/10/201708:10
Cartel da xornada.

Xeopesca convídanos a iniciar proxectos de hardware libre

O vindeiro sábado 14 de outubro a asociación Xeopesca vainos achegar unha cita para compartirmos coñecemento e habilidades arredor do hardware libre. O encontro será novamente no Centro Sociocultural de Caramoniña de Santiago, emprazamento (tamén) das máis recentes actividades de divulgación de Xeopesca. Un dos obxectivo desta cita (Biblioteca de Hardware Libre) será, en palabras da organización, axudarnos a que iniciemos proxectos con tecnoloxías sen cancelas, abertas e cen por cen dispoñibles. 

Con esta finalidade, entre as 10:00 e as 13:30 horas levarase a cabo un servizo de empréstamo de placas Arduino e Raspberry co obxectivo de que “afondemos na súa aprendizaxe e poidamos colaborar coa comunidade que apoia e tira proveito destas tecnoloxías”. Segundo nos contan dende Xeopesca, para participarmos no obradoiro precisaremos carrexar o noso computador portátil co seu cargador e, previamente, inscribirnos na actividade no enderezo específico habilitado

Esta cita do 14 de outubro forma parte do programa de accións que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

03/10/201707:10
Cartel de programa.

Ayuntamiento, USC y CESGA muestran en las escuelas la gran labor de nuestras investigadoras

Vamos a tener, estos días, nueva edición del programa Una ingeniera o científica en cada cole, organizado por la Oficina de Igualdad de Género de la Universidad de Santiago y el Ayuntamiento de Santiago a través del Departamento de Igualdad, en el que participaban los colegios compostelanos. En esta nueva entrega, que nuevamente busca visualizar en el ámbito docente el trabajo de ingenieras y científicas locales (con el fin de despertar vocaciones STEM entre las estudiantes y contribuir a derribar la falsa creencia de que la ciencia y la tecnología no son aptas para ellas), participan el CEIP López Ferreiro, el CEIP Maestro Rodríguez Xixirei, el CEIP Pío XII, el CEIP Reina Fabiola, el CEIP de Rubios y el CEIP de Vite. El programa, que incluye talleres para el alumnado de quinto de Primaria, volverá a contar con la presencia activa de investigadoras de la Universidad de Santiago (por ejemplo del CiTIUS) y del Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Entre las ponentes se encuentran Natalia Costas y Mª José R. Malmierca, del CESGA, que concurren con el taller Hablando con los superordenadores. En esta sesión, “de forma lúdica y práctica”, se llevarán a cabo varias experiencias de uso de la programación básica y su interacción con microcontroladores y diversos componentes externos. También trabajará en el programa la profesora María Jesús Taboada Iglesias del área de Ciencias de la Computación e Inteligencia artificial de la USC, que hablará del significado de la inteligencia. Y también intervendrá, entre otras, la profesora Eva Cernadas, del Departamento de Electrónica y Computación de la USC e investigadora del CiTIUS (este 4 de octubre en el Pío XII para mostrar las aplicaciones de la informática visual en la biología). 

Como señalamos por estas mismas fechas el año pasado, la iniciativa Una ingeniera o científica en cada cole tiene como principal objetivo dar a conocer a las ingenieras y científicas para crear referentes femeninos e incentivar la presencia de chavalas en carreras relacionadas con las disciplinas conocidas como STEM (Ciencia, Tecnología, Ingeniería y Matemáticas), tradicionalmente asociadas al mundo masculino. En la anterior edición se desarrollaron una veintena de talleres donde se mostró la relación de la ciencia y de las tecnologías con nuestra vida cotidiana con el fin de acercar al alumnado la estas disciplinas de una manera lúdica. 

Las temáticas fueron muy variadas: programación, superordenadores, física divertida, juegos con la luz, informática visual aplicada a la biología, astronomía, huella ecológica, realidad virtual y aumentada o inteligencia artificial, entre otras y las encargadas de impartirlos fueron científicas e ingenieras de la Universidad de Santiago y del Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Blog Xente Dixital

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

(Galego) 4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Vie 24 Sep

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

LEER MÁS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán la luz próximamente

Mar 21 Sep

La aplicación de mensajería Whatsapp es una de las apps más utilizadas a la hora de comunicarnos: hablar con nuestros amigos y familiares, organizar tareas con nuestros compañeros de trabajo o establecer citas médicas es mucho más fácil a través de esta aplicación. Whatsapp es consciente del nivel...

LEER MÁS

Lun 28 Jun