main content

main content
08/06/202214:06
Mans tecleando en dous portátiles.
Santiago de Compostela

A Xunta analiza a aplicación da intelixencia artificial na Administración pública

  • A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurará mañá xoves o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, que será clausurado o venres polo ex-presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría
  • A implantación dos sistemas de IA no ámbito público e o respecto aos dereitos fundamentais dos cidadáns ou a seguridade na aplicación das novas tecnoloxías serán algúns dos asuntos que se abordarán

A Xunta analizará a aplicación da Intelixencia artificial na Administración pública nunha xornada monográfica que reunirá durante dous días na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a destacados xuristas, investigadores e empregados públicos. A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos inaugurará o xoves 9 o curso monográfico, que será clausurado o venres 10 polo ex-presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

A intelixencia artificial na Administración afondará nas vantaxes da aplicación da intelixencia artificial nas Administracións públicas, para lograr unha maior eficiencia, eficacia e axilidade na súa xestión. A implantación dos sistemas de IA no ámbito público, facéndoos compatibles co respecto aos dereitos fundamentais dos cidadáns ou a seguridade na aplicación das novas tecnoloxías serán outros asuntos que se abordarán.

Estudiarase tamén a proposta da Comisión Europea de Regulamento da IA, que prevé o establecemento dunha normativa sólida e flexible na UE, que permita facer compatible a rápida evolución da tecnoloxía coa xestión de riscos, sen prexudicar a innovación ou incrementar os custes da introdución de solucións de intelixencia artificial no mercado.

Programa do xoves 9

Tras o acto inaugural, que se celebrará ás 12.00 h., intervirá o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, Eduardo Gamero Casado, que falará sobre o marco xurídico da intelixencia artificial como soporte á toma de decisións do sector público. A continuación, o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Oviedo, Alejandro Huergo Lora falará sobre o control e a impugnación das decisións administrativas baseadas na intelixencia artificial.

Xa pola tarde, o profesor de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo, Pablo Fernández Carballo-Calero, abordará a relación entre a intelixencia artificial e o dereito á propiedade intelectual, e a interventora do Concello de Chiclana (Cádiz), Eva María Mota Sánchez, expoñerá as claves da intelixencia artificial e o control da Administración local: auditoría algorítmica.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS