main content

main content
05/04/202110:04
Cartel da iniciativa.
Oroso

A veciñanza de Oroso ten unha oportunidade de formarse en deseño gráfico con Inkscape

O Concello de Oroso informou dunha nova actividade de formación tecnolóxica ao servizo da veciñanza. Trátase do curso Deseño gráfico con Inkscape, que se vai desenvolver entre o 5 e o 8 de abril en horario de 10:00 a 12:00 horas, na Aula de formación EducaOroso. “Con Inkscape”, sinalan dende o Concello, “poderemos crear e editar diagramas, liñas, gráficos, logotipos e ilustracións complexas, amais de obter creacións coas que transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa”.

A través deste curso preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición. Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). Os gráficos vectoriais son imaxes que están definidas mediante figuras xeométricas descritas por funcións matemáticas, polo que nos permiten redimensionar as imaxes sen perder calidade.

As prazas poden solicitarse na web da aula CeMIT de Oroso, a través de educaoroso@oroso.gal ou chamando ao teléfono 981973927.Co fin de garantir a seguridade sanitaria das e dos participantes, a actividade levarase a cabo a través de vídeo-conferencia, e so se ofertarán prazas presenciais “atendendo a situacións nas que o interesado non poida seguir a actividade de outro xeito”.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS