main content

main content
04/08/202213:08
Formación nunha aula.
Sada

A cidadanía de Sada poderá formarse a partir de setembro en Write avanzado e Calc

Aula CeMIT do Concello de Sada acollerá verios cursos formativos de tecnoloxías durante os meses de outubro e setembro, actividades que teñen arestora aberta a inscrición. Trátase de dous obradoiros centrados no Tratamento de Textos Write Avanzado e na Folla de Cálculo Calc Básico. O segundo deles celebrarase entre o 17 de setembro e o 8 de outubro, na Aula CeMIT de Sada. Será de nivel medio e achegará 10 prazas e 10 horas de contidos. O temario inclúe unha introdución ás follas de cálculo; aos formatos de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.); e aos filtros e ordenación dos datos, entre outros contidos.

O curso de tratamento de textos Write avanzado desenvolverase entre o 17 de setembro e o 8 de outubro, con 10 prazas e 20 horas de contidos. Inclúe os seguintes contidos: configurar páxina, cabeceira e rodapé, como crear notas ao rodapé, crear seccións determinadas do documento, traballos con textos en columnas, traballar con documentos grandes, tabulacións, construción de modelos, táboas, personalización de barra de ferramentas, viñetas en numeración, caixas de texto, quebras manuais e de páxina e inserción de campos predefinidos. Entre o 2 e o 31 de outubro celebrase unha nova edición do curso de tratamento de textos Write avanzado.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS