main content

main content
13/05/202208:05
Cartel da iniciativa.
Ames

A Aula CeMIT de Ames organiza no verán sete obradoiros presenciais e telemáticos para todos os públicos

Aula CeMIT do Concello de Ames continúa a súa actividade formativa neste 2022, un ano no que se retomou a presencialidade e foi obxecto de reformas para mellorar o espazo, situado no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns. Durante os meses de maio, xuño e xullo, continuará acompañando a súa oferta de obradoiros co acceso á aula aberta, de luns a venres de 9:30 a 13:00 horas. Ademais, manterase a atención telefónica de luns a venres, das 16:00 ás 18:30 horas. Para contactar coa Aula CeMIT, cómpre chamar ao 682 373 753, ou ben escribir ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

Nos meses de verán, dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, a aula desenvolverá 4 cursos presenciais pensados para que a rapazada e o público adulto poida mellorar e traballar nas súas competencias dixitais. Todos os xoves dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, celebrarase un curso de mecanografía para adultos e adultas, no que poderán inscribirse persoas de todos os niveis. O taller conta con 9 prazas. Do 27 de xuño ao 18 de xullo, todos os luns de 10 a 11h, será a quenda de aprender mecanografía para a rapazada amesá. Para poder participar, as persoas menores de idade deberán estar rexistradas na rede CeMIT. 

Para completar a formación para nenos e nenas, do 28 de xuño ao 26 de xullo haberá un obradoiro de informática lúdica, pensado para crianzas dos 5 aos 10 anos. Todos os martes, de 10:30 a 12:00 horas, as nenas e nenos aprenderán a través de xogos a manexar o ordenador, o rato e o teclado. Por último, todos os mércores do 29 de xuño ao 27 de xullo, tamén de 10:30 a 12:00 horas, a rapazada de 8 a 12 anos gozará dun curso de Scratch, no que poderán mergullarse nas bases desta ferramenta de programación creando xogos e colaborando entre eles e elas. 

No que respecta ás propostas a distancia, a aula ofrecerá tres obradoiros, sempre con sesións de 16:30 a 17:30 horas e dirixidos ao público adulto. En primeiro lugar, de 16 de maio ao 1 de xuño impartirase un obradoiro de GIMP, o software de edición de arquivos de imaxe, que se desenvolverá de luns a mércores. Xa en xuño, será primeiro a quenda dun taller de Inkscape, unha ferramenta de edición de gráficos vectoriais, que terá lugar do 6 ao 16 de xuño, de luns a xoves. Para rematar a oferta de actividades, do 20 ao 30 de xuño explicarase como empregar diferentes recursos para realizar buscas avanzadas en Internet, tamén de luns a xoves.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS