main content

main content
06/09/201912:09
Un portátil mostrando unha contorna de programación.
Santiago de Compostela

A Xunta impartirá un Obradoiro de Garantía Xuvenil en Santiago de desenvolvemento de aplicacións web para formar a 16 alumnos menores de 30 anos

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá máis de 180.000 euros neste taller de formación e emprego
  • Na comarca tamén se aprobaron outros dous cursos destas características en Rois e Val do Dubra

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, impartirá un Obradoiro de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos no Concello de Santiago de Compostela. Mediante esta iniciativa a Xunta investirá na provincia da Coruña 1,4 millóns de euros para formar a 135 alumnos-traballadores de 23 concellos en 9 talleres de formación e emprego.

Concretamente, na cidade de Santiago este curso de formación e emprego permitirá que 16 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. A duración deste obradoiro será de 6 meses.

Este taller de formación constará da especialidade de Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web. A parte práctica consistirá na análise, deseño e construción dun portal temático da sustentabilidade e participación cidadá.

Ademais deste curso na cidade, na comarca de Santiago terán lugar dous obradoiros de garantía xuvenil organizados pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos de Rois agrupado con Padrón e Dodro e de Val do Dubra agrupado con A Baña, Santa Comba e Negreira. O obradoiro de Rois se centrará na especialidade de Confección e Publicación de Páxinas Web e contará cun investimento da Xunta de 112.000 euros. O obradoiro de Val do Dubra constará das especialidades de Agricultura Ecolóxica e Animación Físico-Deportiva e Recreativa cun investimento de 180.000 euros.

Cando se abra o proceso de selección para o próximo ano realizarase a través das oficinas de emprego. Terán preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS