main content

main content
12/06/201909:06
Persoa maior usando cascos de realidade virtual.
A Coruña

A Universidade Senior da UDC visitou o CITIC

Centro de Investigación TIC da UDC, emprazado no Campus de Elviña, recibiu a semana pasada (o 6 de xuño) a visita dun dun grupo de alumnos e alumnas da Universidade Senior da Universidade da Coruña, o programa universitario de maiores dirixido a persoas de idade igual ou superior a 50 anos. 

O grupo de estudantes, na súa estadía en Elviña, visitou as instalacións do centro da man do subdirector do mesmo, Javier Pereira. Tras unha breve exposición das principais liñas de actividade, os asistentes dirixíronse a cuberta do edificio, onde puideron coñecer o funcionamento dun sensor de predición de precipitacións desenvolvido por investigadores do CITIC. Logo, no edificio CITIC 2 puideron coñecer o Centro de Proceso de Datos (CPD) e o seu funcionamento. Deseguido, visitaron a sala de demostracións, a Show Room, onde se lles mostrou un sistema de monitoraxe dunha unidade de coidados críticos no ámbito médico e outros demostradores de tecnoloxía materializada no propio centro.

Por último, algúns dos asistentes tiveron a oportunidade de experimentar diferentes sensacións a través dunha contorna de realidade virtual, liña na que se está traballando desde o grupo de investigación TALIONIS.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS