main content

main content
13/08/201913:08
Concello de Redondela.
Redondela

Redondela achega cursos sobre eAdministración ás asociacións locais

A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá de Redondela quere facer avanzar o coñecemento sobre novas ferramentas e xestión coas institucións públicas a través dunha nova serie de cursos sobre Administración Electrónica. Trátase de actividades de balde dirixidas a entidades e asociacións. Nos obradoiros afondarase no funcionamento do certificado dixital que se require para realizar trámites e solicitudes de axudas ou documentos, así como o uso da sede electrónica do Concello.

Os cursos celebraranse nunha soa xornada cunha duración aproximada de tres horas. Impartiranse os venres 16, 23 e 30 de agosto en horario de 10.30 a 13.00 horas. Aquelas entidades e asociacións que queiran apuntarse deberán enviar un correo electrónico a transparencia@redondela.gal indicando o nome do colectivo, un teléfono de contacto, e o número de asistentes (até un máximo de tres persoas por entidade), con indicación do venres de agosto que prefiran asistir.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora...

LER MAIS