main content

main content
13/05/201912:05
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

Premios Galicia das Telecomunicacións: Recoñecemos as mellores prácticas de 2019 no sector TIC galego

Fallados os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019, que serán entregados o vindeiro 24 de maio na Finca Montesqueiro de Oleiros, no decurso da XXIV Noite Galega das Telecomunicacións. Distínguise un ano máis, o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e empresas.

En total, vanse entregar catro premios. O primeiro deles, o Premio Enxeñeiro do Ano 2019 recoñece a traxectoria de Rafael Moya Fernández un enxeñeiro de telecomunicación cunha dilatada e fecunda traxectoria profesional en Galicia. Moya leva máis de 23 anos vinculado a Telefónica e actualmente é o Director de Operacións da Zona Norte desta compañía. O xurado tivo en conta para outorgar este premio a contribución deste profesional “ao progreso da profesión, ocupando diferentes postos de responsabilidade e a súa constante sintonía e proximidade con todos aqueles cos que traballou directamente”.

O Premio Socio de Honra, que recoñece a aqueles persoeiros ou entidades que destaquen pola súa promoción das telecomunicacións na nosa Comunidade Autónoma, distingue o labor do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG). As xuntas directivas do COETG e a da AETG valoran como razóns determinantes da concesión deste premio “a contribución do CTAG ao desenvolvemento das TIC e a súa implicación no sector, a través dos proxectos de vangarda que desenvolve como é o caso do proxecto do vehículo autónomo”.

O Premio Axians 2019 á Empresa Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicación distingue o labor de Nueva Pescanova, “pola utilización das TIC na transformación do grupo para seguir sendo un referente a nivel mundial na captura, cultivo, produción e comercialización de produtos do mar en 80 países”, segundo a acta do xurado, que destaca tamén que o actual Plan Estratéxico da multinacional viguesa concibe “as TIC como panca de cambio en todos os seus procesos produtivos”.

O Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais impulsado pola Amtega recae este ano no proxecto Aperta. Trátase dunha aplicación desenvolvida por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo cuxo obxectivo é axudar a combater o bullying nos centros educativos. O xurado valorou como razóns determinantes para outorgar esta distinción a vocación social dun proxecto que pretende facer fronte ao acoso escolar, grazas ao deseño dunha aplicación sociométrica que consiste na automatización dos tests que actualmente se realizan nos colexios para comprobar o ambiente social existente nunha clase.

Finalmente, o quinto dos premios do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación darase ao mellor expediente académico nesta disciplina e será entregado unha vez finalice o curso nun acto de seu.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS