main content

main content
06/08/201908:08
Natalia Prieto.
Santiago de Compostela

O Portal de Transparencia da Xunta acumula desde a súa posta en marcha preto de 400.000 visitas

  • A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, explicou hoxe en rolda de prensa os datos máis significativos do Portal dende o seu inicio
  • O Portal de Transparencia contén mais de 1.200 páxinas web onde se poden visualizar mais de 3.000 documentos

 

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, indicou hoxe que o Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta recibiu 394.756 visitas e 2.132 solicitudes de información pública

Dende a súa apertura, o 7 de marzo de 2016, no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia foron consultadas máis de 1,5 millóns de páxinas, cun promedio de catro páxinas por visita. O Portal de Transparencia contén máis de 1.200 páxinas web nas que se poden visualizar máis de 3.000 documentos.

As páxinas máis visitadas foron as de altos cargos da Administración xeral, normativa en tramitación, contías das retribucións do persoal, axenda institucional de altos cargos, contratación pública, información de transparencia das entidades instrumentais do sector público autonómico e oferta pública de emprego

Solicitudes de acceso á información pública

Con respecto ás solicitudes de acceso á información pública, segundo explicou a directora xeral, as peticións son de distinta natureza e van desde informacións relativas a información institucional, organizativa e de planificación, sobre relacións coa cidadanía, en materia de persoal, económica, estatística e orzamentaria, en materia patrimonial, en materia de contratación pública, convenios, xestión, así como subvencións e axudas.

Segundo a súa forma de presentación, 1.551 foron presentadas por medios electrónicos e 581 en papel, cun salientable incremento da utilización dos medios electrónicos por parte da cidadanía para formular ditas solicitudes con respecto aos anos anteriores. Por departamentos competentes para resolver as solicitudes de información pública, cómpre indicar que en cómputo global o maior número de solicitudes foi recibido na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, seguidas da Consellerías do Mar, e de Infraestruturas e Mobilidade.

 

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS