main content

main content
13/08/201908:08
Cartel da iniciativa.
A Baña

O Concello da Baña formará á veciñanza no uso e vantaxes da sede electrónica local

Co obxectivo de preparar á veciñanza nos cambios que se aveciñan e que levan anos facéndose notar (a transformación da relación veciñanza-administracións cara o tecnolóxico-dixital), o Concello coruñés da Baña vai organizar un curso sobre sede electrónica do municipio. Segundo informa o Goberno local, neste obradoiro ensinarase aos participantes o funcionamento desta páxina web na que se poden solicitar subvencións, pedir licenzas, consultar e facer xestións durante as 24 horas do día e en calquera dispositivo. 

A participación no obradoiro é de balde. O curso desenvolverase durante o mes de setembro, estando aínda pendente de concretarse a data definitiva. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro, na Casa do Concello da Baña ou chamando a algúns dos seguintes números de teléfono: 981 886 777, 981 886 501, 682 859 367. Segundo informa o Concello acerca da sede electrónica local e das cousas que permite facer de termos un nivel mínimo de formación dixital requirido, a sede fai posible todo tipo de trámites e operacións, de maneira áxil, cómoda, segura e eficaz. E todo, engade o Goberno local, coa vantaxe de permitir que esas consultas e xestións se poidan facer as 24 horas do día e dende o móbil, tableta e computador.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS