main content

main content
12/06/201909:06
As concelleiras en funcións Rosana Rielo e Ana Prieto nunha rolda de prensa recente.
Lugo

Lugo prepara dous obradoiros de emprego sobre dixitalización do patrimonio

O Concello de Lugo quere seguir afondando na formación tecnolóxica ligada ao emprego, un camiño consolidado con iniciativas como o Obradoiro TIC Arqueolóxico ou coa posta en marcha (este mes de maio) de Desenvolvelugo.org. Segundo vén de anunciar este mes de xuño o propio Goberno local, este ten proxectado impulsar dúas novas accións formativas para favorecer a inserción laboral de 36 veciñas e veciños. O ámbito temático será a posta en valor do importante patrimonio lucense a través da dixitalización, da preservación e da divulgación. 

Con este obxectivo, o Concello de Lugo solicitaralle á Consellería de Economía a posta en marcha dos dous ditos obradoiros por un importe conxunto duns 498.000 euros. Trátase dos proxectos Lethes.TIC e Atrium.TIC, que foron dados a coñecer pola edil de Economía e Emprego, Ana Prieto, que emprazou estas actuacións na “responsabilidade do Concello e na súa obriga de facer todo o posible, con recursos propios ou con investimentos doutras entidades, a prol de paliar o desemprego no municipio”.


Lethes.TIC

Cun orzamento de 324.896 euros,e dirixido a 20 persoas, contará con dúas especialidades formativas: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, por unha banda, e Produción fotográfica, pola outra. Cada unha destas especialidades contará con 10 alumnos/as traballadores/as, que ao finalizar terán acceso a un certificado de profesionalidade de nivel tres. Cunha duración de 9 meses, incidirá na aplicación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC) na difusión e promoción da rede museística do Concello de Lugo. A finalidade, en palabras do Consistorio, será “dinamizar o patrimonio histórico da cidade; fomentando a súa xestión mediante a aplicación das novas tecnoloxías, cun tratamento específico para favorecer a súa preservación de cara ao futuro e a mellorar a súa difusión e acceso por parte do conxunto da cidadanía”.

Entre as súas actividades principais figura o desenvolvemento de visitas virtuais e percorridos 360º aos espazos expositivos do Concello, o deseño e desenvolvemento do programa cultural Lugo na memoria. Un percorrido pola historia da cidade (que “permita poñer en valor o importante pasado da cidade máis aló da súa significativa relevancia en época romana”) e, tamén, o desenvolvemento dunha campaña de difusión e valorización do comercio histórico coa creación do selo Establecemento singular de Lugo. 


Atrium.TIC

Este obradoiro vai dirixido a rapaces e rapazas menores de 30 anos e conta cun orzamento total de 173.553 euros. A actividade formativa estará integrada por: 1 director/a, 2 monitores/as e 16 alumnos/as, repartidos nas seguintes especialidades formativas: xestión documental e dixitalización de documentos. O proxecto executarase durante 6 meses, dende setembro de 2019 a marzo de 2020. Este obradoiro inclúe a organización e informatización dos arquivos de oficina de distintos servizos municipais, así como a dixitalización de expedientes ou actas.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS