main content

main content
13/05/201909:05
Moza traballando nun experimento científico.
Santiago de Compostela

Educación convoca a terceira semana STEM, para que o alumnado galego amplíe os seus coñecementos científico-tecnolóxicos

  • Poderán participar mozas e mozos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos, con estadías semanais en réxime de internado totalmente gratuítas para as familias 
  • A Consellería oferta un total de 450 prazas para os meses de outubro, novembro e decembro
  • Esta iniciativa forma parte do conxunto de accións da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, que ten como principal obxectivo incentivar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o estudantado galego

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de convocar a terceira edición da Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), o campamento de innovación educativa da Xunta de Galicia dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano.

Tal como se recolle na convocatoria publicada no Portal Educativo, os centros interesados en participar disporán de prazo ata o 1 de xullo para tramitar a correspondente solicitude.

A Consellería oferta para este ano un total de 450 prazas (cada centro poderá participar con un curso e ata un máximo de 25 alumnos por etapa ) para estadías en réxime de internado dunha semana de duración -de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá- e totalmente gratuíta para o alumnado dos dous últimos cursos de Primaria e dos dous primeiros de Secundaria.

Esta iniciativa forma parte do conxunto de accións da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020) postas en marcha pola Consellería de Educación coa finalidade de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego. A Semana STEM arrancou de xeito pioneiro por primeira vez no curso 2017/18 e, despois de dúas edicións, levan participado nela un total de 750 alumnos e 38 centros educativos.

Actividades con enfoque lúdico, colaborativo e motivador

A Semana STEM axudará a reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro. Deste xeito, as estadías proporcionarán ao alumnado galego un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumente o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.

As actividades non só serán académicas, senón tamén de carácter lúdico-recreativo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque “maker”, a creatividade e a motivación para mellorar as súas competencias STEM.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS