main content

main content
09/07/201909:07
Cartel da iniciativa.
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e a EOI melloran con TIC a empregabilidade da xente nova

proxecto Millennials da Deputación de Pontevedra está a levar a formación tecnolóxica aos concellos da provincia, poñendo o foco nas novas xeracións e nas potencialidades de empregabilidade e formación das TIC. Millennials, que se enmarca no convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (Programa Operativo de Garantía Xuvenil), achega accións formativas e asesoramento de balde para mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. 

Desenvólvese en Ponteareas (programación web con software libre), en Pontevedra (creación e xestión de tendas en liña, mercadotecnia dixital, fidelización), en Vigo (deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado, creación de contidos dixitais, creación de aplicacións móbiles, organización e xestión da produción, xestión de empresas turísticas) e en Vilagarcía de Arousa (especialista en turismo activo e actividades no medio natural). 

A formación en Ponteareas

A Concellería de Mocidade de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó informa que xa esta aberto o prazo de inscrición para a acción formativa Programación web con software libre. Web development bootcampO curso, de 316 horas, realizarase no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) na aula de informática entre o 17 de xullo e o 17 de outubro en horario de 9 a 14 horas. Miguel Bouzó explica que esta formación permitirá ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS