main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

15/07/2018
Premios cermi.es 2018.
Lugar: Online

Presentación de candidaturas aos Premios cermi.es 2018

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) vén agradecendo de forma pública o labor realizado polos elementos máis dinámicos e comprometidos da sociedade en favor dos dereitos, a participación comunitaria, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e das súas familias. A tal fin, o CERMI instituiu uns Premios, baixo a denominación de cermi.es, nome do seu órgano oficial de comunicación, que constitúen un recoñecemento e unha expresión de gratitude á solidariedade demostrada pola sociedade cos obxectivos defendidos pola representación organizada das persoas con discapacidade e das súas familias.

06/07/2018 De 10:00 a 14:00 h
Cartel do evento.
Lugar: CiTIUS, Santiago de Compostela

Inside the Lab 4

En Inside the Lab atoparás unha selección de demostradores destinados a presentar os últimos resultados científicos do CiTIUS, nun grao de desenvolvemento adecuado para a súa transferencia á industria e á sociedade.

Será unha xornada de portas abertas dirixida a empresas, administracións e outras institucións.

05/07/2018
Logo Mundos Dixitais.
Lugar: Palexco, Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña

Mundos Dixitais

Mundos Dixitais é un Congreso Internacional de Animación, VFX, e Novos Media no que se dan cita algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, artistas, estudantes e persoas interesadas no mundo dos gráficos por computador para descubrir, debater e facer networking.

Mundos Dixitais celébrase na Coruña (España). Cada ano o seu ambicioso programa reúne a destacados profesionais de cada sector que comparten os seus proxectos e experiencias profesionais a través de conferencias.

A través das súas actividades, Mundos Dixitais promove as sinerxias entre os diferentes actores da industria, apoia a creatividade e o debate, fomenta a creación de emprego e convértese no punto de encontro do talento, os proxectos creativos e innovadores e os contidos dixitais.

01/07/2018
Cartel do evento.
Lugar: Online

Breakthrough Junior Challenge

O Breakthrough Junior Challenge é unha competición global de estudantes de ciencias e matemáticas, deseñada para inspirar o pensamento creativo sobre conceptos fundamentais nas ciencias da vida, física e matemáticas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS