main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/08/2018 19:00h
Cartel do evento.
Lugar: Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, Concello de Culleredo

Conferencia "Mamá, quero ser youtuber!"

Na conferencia, segundo adianta a organización, profundarase en todo o relacionado coa rede social YouTube e co fenómeno youtuber, e tamén con todos aspectos que se derivan da concorrencia activa de persoas con trastornos de hiperactividade ou déficit de atención no dito servizo dixital: autoestima, circuítos de recompensa (alterados en persoas con TDAH), aprendizaxe vicario, diferenzas e semellanzas entre endogrupo e exogrupo, etc.

31/07/2018
Cartel da terceira convocatoria do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’.
Lugar: Online

III edición "Vodafone Connecting for Good Galicia"

Os emprendedores interesados en participar na terceira convocatoria de ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ xa poden presentar as súas candidaturas. Este programa, impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece apoio e formación a iniciativas empresariais de innovación social dixital.

Valorarase especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores. O obxectivo do programa é conseguir que estas iniciativas empresariais se convertan en negocios reais e os seus produtos ou servizos despeguen coas maiores garantías de éxit

18/07/2018
Cartel do curso.
Lugar: Online

Teleformación "Impulsa o teu negocio co marketing dixital"

O curso quere facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social, co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e mellorar a comercialización dos seus negocios.

Está dirixido a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e membros das entidades de economía social.

15/07/2018
Premios cermi.es 2018.
Lugar: Online

Presentación de candidaturas aos Premios cermi.es 2018

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) vén agradecendo de forma pública o labor realizado polos elementos máis dinámicos e comprometidos da sociedade en favor dos dereitos, a participación comunitaria, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade e das súas familias. A tal fin, o CERMI instituiu uns Premios, baixo a denominación de cermi.es, nome do seu órgano oficial de comunicación, que constitúen un recoñecemento e unha expresión de gratitude á solidariedade demostrada pola sociedade cos obxectivos defendidos pola representación organizada das persoas con discapacidade e das súas familias.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS