A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), convoca unha nova edición do premio Mellor ProxectoTIC con Beneficios Sociais 2016, destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Preténdese con este premio distinguir ás iniciativas de innovación social de base tecnolóxica que desenvolvan solucións TIC no campo da accesibilidade e as tecnoloxías da información e a comunicación apoiando a igualdade de oportunidades, a inclusión dixital e/ou dean resposta ás demandas sociais dirixidas á mellora da saúde, da autonomía persoal e do benestar e a calidade de vida.
Deben estar especialmente destinados a potenciar o fomento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) accesibles, e diminuír a fenda dixital a través da accesibilidade das tecnoloxías, ou a poñer en marcha iniciativas empresariais ou sociais de desenvolvemento, fabricación ou servizos, que incorporen un elevado nivel do uso das TIC cuxos produtos e/ou servizos TIC melloren a calidade da vida das persoas con discapacidade, persoas maiores, persoas desempregadas, persoas dependentes, persoas con enfermidades crónicas, mulleres do rural..., e en xeral das persoas en risco de exclusión social e/ou dixital.
Estes premios buscan mostrar o recoñecemento público das boas prácticas na área das TICs, para que sean un factor de mellora continua da nosa actividade social. Asemade recoñécese a aplicación da tecnoloxía en proxectos con impacto social positivo.
O premio de Mellor proxecto TIC con beneficios sociais 2016 é un incentivo para recoñecer as accións emprendidas por empresas, entidades ou particulares para que as persoas e comunidades que integran a nosa sociedade poidan ser parte da sociedade da información e do coñecemento mediante o acceso, uso e apropiación das TIC.
Bases do Premio Beneficios Sociais 2016
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2016