main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

09/06/2016
Terceiro RSEEncontro
Lugar: Centro ABANCA Obra Social Plaza Cervantes, 14-20 Santiago de Compostela

Terceiro RSEEncontro

Trátase dun encontro de ámbito nacional que, desde fai tres anos, reúne en diferentes puntos da xeografía española a persoas interesadas na RSE ou RSC (Responsabilidade Social Empresarial / Corporativa) e a ética empresarial.

07/06/2016 De 11:15 h. a 14.00 h.
Logo 1 mes 1 profesión dixital
Lugar: Facultade de Informática da UDC Campus de Elviña, s/n – A Coruña

Faladoiro Dixital ao redor do Cloud Computing

A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais. Nesta ocasión aboradaráse o tema do Cloud Computing.

02/06/2016 09:45
Logo AceleraTIC
Lugar: Auditorio 1 - Edificio CINC. Gaiás. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.

Xornada AceleraTIC

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación convertéronse na panca dun proceso de transformación, ao que tamén se deben adaptar ás empresas para atender ás necesidades e ás demandas duns empregados e duns clientes cada máis dixitais. Esta transformación dixital dá lugar a un novo paradigma, onde o amplo abanico de ferramentas tecnolóxicas abre oportunidades e retos á hora de percorrer ese camiño.

O Programa AceleraTIC é unha iniciativa que vén a dar resposta a estas cuestións e apoiar ás PEMES galegas para competir con éxito nesta nova etapa. Combinar unha visión estratéxica enfocada no cliente, xunto cun rendemento operativo apoiado pola analítica e a tecnoloxía, serán clave para abordar con eficacia esta transformación dixital.

31/05/2016
Lugar: Online

VI Concurso Europeo de Innovación Social 2016

A Comisión Europea ha posto en marcha a 'VI edición do Concurso Europeo de Innovación Social', co que busca proxectos innovadores en produtos, tecnoloxías, servizos e modelos que poidan contribuír á acollida e integración dos refuxiados e os inmigrantes en Europa. Baixo a lema 'Futuros integrados', o concurso pretende apoiarse na innovación para axudar a mellorar a educación, o emprego, o acceso á vivenda, os dereitos humanos e a cohesión comunitaria.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS