main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

23/11/2018 De 11:00 a 12:00 h
Aplicacións telemáticas de apoio e asistencia.
Lugar: Online

Aplicacións telemáticas de apoio e asistencia

A Tecnoloxía ofrece multitude de servizos e ferramentas para que as persoas que vivan soas teñan a seguridade de que terán asistencia no momento que o necesiten.

Se queres coñecer máis acerca dos recursos que hai dispoñibles na actualidade, asiste a esta charla.

23/11/2018
Maker Faire Galicia.
Lugar: Cidade da Cultura, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

IV Maker Faire Galicia

Maker Faire volverá ao Museo Centro Gaiás do 23 ao 25 de novembro na que xa é a súa cuarta edición, consolidándose como a máis importante da Península, tanto en número de makers como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitantes de Europa, despois de grandes cidades como Roma e París. Nas súas tres edicións anteriores, o encontro congregou arredor de 30.000 asistentes e medio milleiro de makers que expuxeron os seus proxectos, converténdose en punto de encontro dos mellores creadores da comunidade e axudando a potenciar unha Galicia máis innovadora e colaborativa.

22/11/2018 De 10:30 a 12:00 h
Navegación segura por Internet. Aplicacións útiles.
Lugar: Online

Navegación segura por Internet. Aplicacións útiles

A Tecnoloxía ofrécenos multitude de beneficios, pero tamén debemos ser conscientes de que o seu uso entraña perigos que é necesario coñecer.

Para manexar os nosos dispositivos e facelo de forma segura neste curso veranse múltiples conceptos que che axudarán a conseguilo.

Contidos:

  • Principais riscos que poden afectar os teus equipos informáticos: virus, malware, descargas ilegais, etc.
  • Formas máis utilizadas polos delincuentes informáticos para infectar equipos e acceder á túa información.
  • Métodos de protección: antivirus e moito máis.
  • Exemplos de estafas actuais en Internet e como evitalas.

Coñece como protexer os teus equipos!

21/11/2018
Mobile Week Coruña
Lugar: A Coruña

Mobile Week Coruña

Mobile Week Coruña (MWeekCoruña), iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona, é un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través da arte, a ciencia e a tecnoloxía.

MWeekCoruña reúne a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns e difundida pola cidade. O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual.

Durante unha semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o punto de encontro no que se analizará e debaterá, desde diferentes perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual.

Mobile Week Coruña expón unha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital, en espazos da cidade da Coruña e de concellos limítrofes ao longo dunha semana.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS