main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

04/03/2022
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Webinars TransformaTech Sessions

O programa de Webinars TransformaTech Sessions comprende unha serie de breves encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas para a sociedade dixital, impartidos polos/as profesionais das empresas colaboradoras e dirixidos a diversos públicos en función do tema de cada relatorio.

A modalidade Profesional do programa está orientada a profesionais, titulados e estudantes universitarios do ámbito STEAM ou a grupos mixtos de perfís tecnolóxicos e non tecnolóxicos interesados en ampliar os seus coñecementos nas materias impartidas.

Baixo a modalidade Talento Xove, as sesións desenvólvense con contidos adaptados a rapaces a rapazas de 12 a 16 anos e a centros educativos de bacharelato e Formación Profesional, achegando as novas tendencias tecnolóxicas aos máis novos e novas.

Con este ciclo de webinars afóndase en temáticas de gran relevancia na sociedade como o Big Data, o 5G/6G, a ciberseguridade, os servizos na nube e as tecnoloxías Cloud, a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas (IoT), as tecnoloxías Smart City ou a robótica avanzada.

Esta actividade enmárcase no catálogo de actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e conta coa colaboración das entidades do Pacto Dixital de Galicia e os Colexios Profesionais do ámbito tecnolóxico galego

02/03/2022 10:30h
Xestiona os teus contrasinais de maneira segura
Lugar: Online

Xestiona os teus contrasinais de maneira segura

A medida que imos abrindo contas en diversos espazos dixitais ou usando máis ferramentas, é frecuente que acumulemos contrasinais de acceso que logo nos resultan difíciles de lembrar. A propósito de que é necesario non establecer sempre a mesma contrasinal para todo, é bo aplicar algún sistema que nos permita lembrar facilmente as nosas claves e tamén pode resultar práctico utilizar algún xestor de contrasinais que nos axude a ter sempre seguras e a man as nosas credenciais.

Nesta sesión falaremos sobre como crear contrasinais seguros e cales son as ferramentas de xestión de claves máis útiles.

01/03/2022 10:30h
Smartphone escaneando un documento.
Lugar: Online

Apps para converter o teu móbil nun escáner de documentos

Cando temos que realizar calquera xestión telemática é habitual que nos soliciten o envío de documentación que temos impresa e iso suponnos ter que facer unha tarefa extra dixitalizando os nosos documentos dalgunha maneira. Agora grazas ás aplicacións móbiles e aos dispositivos intelixentes este labor simplificouse xa que co noso propio teléfono podemos escanear calquera documento e axilizar as nosas xestións.

Neste seminario repasaremos que son os arquivos pdf, como funcionan e que aplicacións móbiles nos poden axudar a converter o noso teléfono nun escáner.

28/02/2022 15:00 h
Mans tecleando sobre un portátil.
Lugar: Online

VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informátca de Galicia (CPEIG) convocan o “VI Concurso literario infantl e xuvenil sobre a protección de datos”. Ambas as dúas institucións consideran de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

O concurso está aberto a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, ambos inclusive. Terán que redactar un escrito en galego que pode ser do xénero literario artigo periodístco, exposición divulgatva (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto e que versará sobre o tema da protección de datos.

Haberá un premio por cada categoría.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS