main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

07/03/2020 De 10:00h a 14:00h
Cartel da iniciativa.
Lugar: DOMUS A Coruña

Día dos datos abertos

As asociacións BricoLabs e Melisa.gal organizan, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses e de AtlanTICs, o Día dos Datos Abertos na Domus da Coruña: unha celebración anual dos datos abertos ao redor do mundo.

04/03/2020 De 10:00h a 11:00h
Palabra Security nunha pantalla.
Lugar: CDTIC, Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, Santiago de Compostela

Charla sobre ciberseguridade. Coñece os perigos que ameazan aos nosos datos

Esta charla trata de dar a coñecer as típicas ameazas e perigos que poden afectar aos usuarios e como protexerse deles. O contido é moi pouco técnico xa que estará centrado en historias reais que describen como foi o ataque a nivel teórico, os problemas aos que se enfronta a vítima, as solucións que se poden tomar e como evitar ser obxectivo do mesmo.

28/02/2020 Ata as 15:00h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

III Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos

O obxectivo desta actividade é que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, en concreto os menores de idade. Hay que promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

Poderán participar todos los nenos e nenas de 5º y 6º de EP e 1º  a 4º de ESO, estudiantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.

O xénero literario poderá ser o artigo periodístico, a exposición divulgativa (entrada de blogue ou artículo de divulgación), conto ou relato curto.

26/02/2020 De 16:15h a 20:15h
Cartel da iniciativa.
Lugar: CDTIC, Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, Santiago de Compostela

#MesD Competencias persoais para a transformación dixital. Xestión de persoas

A través desta formación, preténdese traballar en competencias asociadas á xestión de equipos de persoas en contornas profesionais colaborativos e descentralizados. Poder aplicar eficazmente técnicas e ferramentas tecnolóxicas enfocadas ao liderado dixital e xestión de persoas, mediante a aplicación das ferramentas desenvolvidas especificamente para tal fin, pode supor unha gran oportunidade para os/as profesionais, que poden ver melloradas e incrementadas as súas competencias e acceder a novos postos na organización ou mellorar as condicións dos seus postos actuais.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS