main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

31/05/2019 De 10:30 a 12:00 h
Persoa sacando unha fotografía cun smartphone.
Lugar: Online

Fotografía dixital en dispositivos móbiles

Hoxe en día, grazas aos móbiles, todos levamos unha cámara permanentemente connosco que podemos aproveitar para inmortalizar e compartir todas as nosas vivencias.

Neste curso aprenderás conceptos básicos de fotografía dixital e como aproveitar todas as funcións da túa cámara para tomar fotografías como un auténtico profesional.

Contidos:

  • Conceptos básicos de fotografía dixital.
  • Principais funcións das cámaras dixitais.
  • Edición básica de fotos.
  • Crea e comparte as túas propias composicións dixitais.

Iníciate na fotografía dixital co teu teléfono móbil!

20/05/2019
The North Codes.
Lugar: Online

The North Codes

  • Gústanche os retos? Interésanche as novas tecnoloxías? Gustaríache aprender dunha forma divertida cos teus compañeiros de clase? Se a túa resposta é si... segue lendo!

 

The North Codes é unha iniciativa de DXC Technology que, por primeira vez, organizan en conxunto os centros DXC de Asturias e Santiago de Compostela. O obxectivo é que os mozos e mozas se acheguen á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería e ás matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver.

En que consiste?

The North Codes é un concurso de programación no que, por parellas, os mozos e mozas teñen que crear un videoxogo de aventuras utilizando a tecnoloxía Scratch.

Quen pode participar?

O concurso vai dirixido a estudantes que se atopen entre 5º curso de educación primaria e 4º curso de secundaria. Haberá dúas categorías: Junior (5º EP a 1º ESO) e Senior (2º a 4º ESO).

Que hai que facer?

Os equipos poderán desenvolver o seu proxecto ata o 20 de maio de 2019, que será a data límite de entrega. Os xuíces de DXC avaliarán todos os traballos recibidos en base á creatividade, orixinalidade, precisión e méritos técnicos, e boas prácticas de programación.

Por que participar?

Aprender informática desta forma é moi fácil e divertido; e axuda a desenvolver capacidades de gran utilidade para o futuro. Ademais, haberá premios fantásticos para os gañadores e moitas sorpresas!

Visita thenorthcodes.com para coñecer todos os detalles!

10/05/2019 De 10:30 a 12:00 h
Persoa pagando con tarxeta nunha tenda.
Lugar: Online

Coñece os teus dereitos como consumidor

As persoas consumidoras temos un serie de dereitos básicos recoñecidos que deberiamos coñecer.

Estes dereitos protéxennos en diferentes situacións que se poden producir á hora de comprar produtos ou contratar servizos.

Contidos:

  • Consellos para saber en que características dos produtos fixarse antes de adquirilos.
  • Medios para coñecer os dereitos que temos como consumidores.
  • Resolución de conflitos máis comúns que afectan os consumidores.
  • Consulta e realización de reclamacións en función ao organismo.
     

Descobre todos os teus dereitos como consumidor!

08/05/2019
Stands de Galiciencia.
Lugar: Tecnópole. San Cibrao das Viñas (Ourense).

Galiciencia 2019

Galiciencia 2019 é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS