main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

28/09/2020 12:00 h
Apps saúde.
Lugar: Online

Claves para uns "50 e máis" saudables: aplicacións para controlar a túa saúde

De primeiras pode parecer que o teléfono móbil non nos vai axudar demasiado no terreo da saúde, con todo, co desenvolvemento das aplicacións, o noso dispositivo pode converterse nunha das ferramentas máis prácticas para axudarnos a controlar a nosa saúde.

Neste seminario veremos que, sexa mediante as aplicacións no móbil ou utilizando unha pulseira ou reloxo intelixente, seguro que temos moitas alternativas para estar ao día coa nosa saúde.

Usa a tecnoloxía para controlar a túa saúde!

Contidos:

  • Realizar un seguimento da nosa actividade física
  • Lembrar a nosa medicación
  • Rexistrar e lembrar as nosas citas médicas
  • Apps para controlar a diabetes
26/09/2020
Cartel do evento.
Lugar: Online

FLISoL 2020 A Coruña

O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e mesmo persoas que non posúen moito coñecemento informático.

A entrada é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.

25/09/2020 12:00 h
Nube da internet.
Lugar: Online

Descobre que é a nube da internet

Sabes que é a "nube" da internet? Coñeces todo o que che pode ofrecer? Co incremento da velocidade da internet e a evolución dos servizos que ofrecen moitas empresas, é necesario profundar neste tema para elixir a opción que mellor se adapte ás nosas necesidades.

Apúntate a este curso e aprende a crear todo tipo de documentos en liña, a manter sincronizados e a ter a recado todos os teus arquivos e recordos dixitais así como a acceder a eles en calquera momento e lugar.

Contidos

  • Que é a "Nube"?
  • Vantaxes e perigos dos servizos na nube.
  • Almacenamento online fronte ao offline.
  • Principais apps de almacenamento a través de Internet.

Crea na internet a túa nube persoal!

24/09/2020 12:00 h
Grupos WhatsApp.
Lugar: Online

Manexo de grupos en WhatsApp

Os grupos de WhatsApp son unha forma moi práctica de comunicarse con varias persoas ao mesmo tempo pero, coñeces todas as opcións de xestión que ofrecen? Estás ao tanto das implicacións legais que conlevan crealos?

Neste último curso da serie sobre WhatsApp falaremos das cuestións que debes ter en conta á hora de engadir contactos a un grupo para respectar a lei de protección de datos e aprenderás todo o que necesitas saber para administrar de forma eficiente os teus chats grupais de familiares ou amigos.

Contidos

  • Diferenzas entre grupos e difusións.
  • A importancia de respectar a normativa de protección de datos.
  • Como crear un grupo en Whatsapp.
  • Configuración e administración dos grupos.

Conversa simultaneamente con todos os teus seres queridos!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS