main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

03/07/2019
Maker Faire Galicia 2019
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

Maker Faire Galicia 2019

Maker Faire é a maior feira de inventores/as do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para tódolos públicos e disciplinas, como gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.; un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

  • Xornadas profesionais: 3, 4 e 5 de xullo de 2019
  • Xornadas para tódolos públicos: 6 e 7 de xullo de 2019
01/07/2019 De 09:00 a 14:00h
Cartel do curso.
Lugar: Aula CeMIT de Abegondo

Curso "Deseña a túa marca persoal dixital"

O Concello de Abegondo organiza na súa aula CeMIT o curso "Deseña a túa marca persoal dixital" do 1 ao 5 de xullo de 9:00 a 14:00 horas. As clases están dirixidas á mocidade de Abegondo de entre 16 e 30 anos.

Con este curso preténdese dotar de ferramentas aos mozos e mozas do municipio para que poidan ter unha boa marca persoal dixital para proxectar a imaxe convinte. Deste xeito tamén se pretende que os asistentes se coñezan máis a si mesmos e empregar as novas tecnoloxías para a búsqueda de emprego, acompañamento e titorización persoal para a prospección de emprego.

28/06/2019
Portada do estudo.
Lugar: Online

Estudo sobre a "Realización de trámites electrónicos no colectivo sénior"

Caumas (Confederación Estatal de Asociacións e Federacións de Alumno e Exalumnos dos Programas Universitarios de Maiores) quere coñecer a túa opinión sobre a realización de trámites electrónicos no colectivo sénior.

Deste xeito poderán obter datos no estudo que están facendo e coñecer mellor a realidade das persoas maiores.

Agradecen que completes a enquisa que elaboraron.

24/06/2019 De 09:30 a 14:00 h.
Cartel da iniciativa.
Lugar: La Molinera, Rúa do Abrevadeiro 1, Ourense

Campamentos tecnolóxicos infantís en La Molinera

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica no Centro de Innovación e Coñecemento La Molinera, organiza unha nova edición dos “Campamentos Tecnolóxicos de Verán La Molinera Kids 2019”, unha aposta municipal pola educación non formal. Estas actividades están destinadas a mozos e mozas entre 8 e 16 anos co obxectivo de que empreguen o seu tempo libre de verán participando nas actividades de carácter lúdico, cultural, tecnolóxico e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital

Ofértanse 150 prazas para todos os obradoiros, 30 por cada campamento.

  • Campamento I, Audiovisuais. Do 24 ao 28 de xuño. De 9:30h a 14:00 horas. Creación de Stop-motion; creación dunha curtametraxe de animación 3D; eSports.
  • Campamento II, Realidade Virtual. Do 1 ao 5 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación do seu propio mundo virtual; creación de animacións 360º; eSports.
  • Campamento III, Arquitectura 3D. Do 8 ao 12 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación dunha vivenda en 3D; eSports.
  • Campamento IV, Drons. Do 15 ao 19 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Pilotaxe dun dron; simulador de drons; eSports.
  • Campamento V, Vídeoxogos. Do 22 ao 26 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación do seu propio videoxogo; creación da súa peza en impresión 3D; eSports.

Poderán solicitalos rapazas e rapaces nacidos entre os anos 2003 e 2011, ambos incluídos. As solicitudes deberán presentarse online a través do formulario do espazo web de  La Molinera podendo inscribirse en dous campamentos, como máximo - deberá elixir só un deles-.

O prazo de presentación será dende o luns, 27 de maio, até o mércores, 5 de xuño, ás 24:00h. As prazas asignaranse por sorteo público, e as persoas admitidas publicaranse na páxina web de La Molinera e no taboleiro da mesma.

Blog Xente Dixital

Como aumentar a túa visibilidade en Instagram

Ven 30 Nov

Aínda que as redes sociais naceron orixinariamente para relacionarnos entre nós, é un lugar no que se pode sacar moito rédito empresarial se sabemos como explotalas de maneira adecuada para os nosos intereses. Instagram é unha das redes máis populares na actualidade, polo que estar presente nela é...

LER MAIS

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS