main content

main content

Aviso legal

 

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.es” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Este sitio web contén a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, que desde o 2 de maio do 2011 ten carácter oficial e auténtico, segundo o indicado no artigo 12 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa do Diario Oficial de Galicia.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

  • Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
  • Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

Responsable do tratamento: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Finalidades do tratamento: Xestionar e difundir as actividades dirixidas á cidadanía.
Lexitimación para o tratamento: Cumprimento dunha misión de interese público.
Destinatarios dos datos: Non se prevén cesións.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://xunta.gal/exercicio-dos-dereitos.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Uso de linguas

A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administracións Públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na normativa que en cada caso resulte de aplicación. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Galego

Blog Xente Dixital

Tres alternativas gratuitas a YouTube para ver contidos orixinais

Mar 06 Nov

Cando falamos de creadores audiovisuais é habitual pensar en directores de cinema ou guionistas que levaron as súas obras a algún gran formato adaptado ao gran público. Pero con Internet o termo de creador audiovisual expandiuse, describindo tamén aos famosos  youtubers, que crean e producen...

LER MAIS

Un tipo de letra para recordar mellor o que les

Mar 09 Out

Ao ler algo que necesitamos memorizar, é habitual que poñamos o “piloto automático” e acabemos lendo todo sen realmente memorizar nada. É algo que ocorre a miúdo cando a lectura é obrigada e a única solución ata agora era poñer máis interese no que estamos a ler. E dicimos ata agora porque un...

LER MAIS

Microsoft quere que teñamos os seu Surface por unha cota ao mes

Lun 08 Out

Co rápido avance do hardware que temos estes días, é fácil atoparnos con que aos poucos meses de comprar un dispositivo, este quedou desactualizado e o noso investimento foi un pouco en balde. Microsoft quere abrir novos modelos de negocio e presentou  Surface  All Access, unha nova maneira de...

LER MAIS